Cidade de Narón-CD Burela, FS, o vindeiro domingo na Gándara. O encontro enfrontará aos primeiros equipos das dúas entidades
Coa chegada das vacacións de Nadal chega o tradicional parón liguero que tamén afecta ao FS e á Segunda División B.
A directiva do Cidade de Narón co patrocinio do Patronato de Deportes do Concello de Narón organiza o I Torneo de Nadal Cidade de Narón FS para este domingo 28 de decembro a partir das 18h. O encontro amistoso enfrontará ao primeiro equipo do Cidade de Narón co primeiro equipo do CD Burela FS, que milita na Primeira División do fútbol sala español.
O prezo da entrada custará 3 euros.
En gallego
Víctor Garrote abandona a Xerencia do club
O Cidade de Narón Futsal agradécelle os servizos prestados e deséxalle toda a sorte do mundo nos seus novos compromisos e no futuro inmediato
Narón, 6 de xullo de 2015.- A Xunta Directiva do Cidade de Narón Futsal comunica a marcha do seu Xerente Victor Garrote logo de dous anos na entidade, un como Segundo Adestrador e outro como Xerente.
O Cidade de Narón quere mostrar o seu agradecimiento polo esforzo e polos servizos prestados durante esta intensa tempada e deséxalle todo o mellor nos seus próximos compromisos. Víctor Garrote quere agradecer esta oportunidade brindada polo Cidade de Narón e xustifica a súa marcha na necesidade de buscar novos retos, novos camiños na súa vida profesional. “O Cidade é un club moi esixente e ambicioso; percibino desde o mesmo día que cheguei e isto faralles alcanzar cotas máis altas das que xa actualmente alcanzaron. Só podo agradecer a experiencia que para min foi gratificante e enrequecedora. Deséxolles toda a sorte do mundo en Segunda División”, manifesta.
Víctor Garrote é graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade da Coruña. Técnico deportivo en Fútbol (Nivel-1) e Técnico deportivo en Fútbol Sala (Nivel 3). Cursa actualmente MBA Sport *Management, CS Administración e Finanzas e Técnico Deportivo en Fútbol (Nivel-2).
O equipo narónés deperdició unha vantaxe de catro goles a falta de sete minutos. O porteiro-xogador de Noia FS marcou o devir do encontro. Arrivi foi expulsado na primeira metade de forma polémica. O Cidade segue lider
Narón, 15 de novembro de 2014.- Duro pau nun partido polémico e onde se escaparon os primeiros puntos da tempada. O Cidade de Narón prexudicado por momentos polos colegiados, expulsaron a Arrivi a primeira metade logo de recibir unha dura entrada, acabou cedendo un punto ante o Noia que o intentou na segunda metade moitísimo acerto nas xogadas de porteiro-xogador.
O Cidade atopou o filón no segundo pau
A primeira parte comezou cun Noia moi intenso, presionando arriba e dificultando a saída de baón dos locais. Pese a iso a primeira ocasión foi para o Cidade de Narón aos quince segundos de comezar o partido. Co paso dos minutos a presión visitante foi baixando e o Cidade de Narón golpeou primeiro. Lito recolleu un balón fóra da liña de puntos e tras driblar ao seu marcador coa zurda marcou o primeiro. Corría o minuto 4 de partido. Poucos instantes despois o Cidade de Narón recuperou un balón en campo rival que chegou aos pés de Jaco e leste no segundo pau marcou o 2-0. No minuto dez de partido Jaco volveu demostrar a fragilidad dos noieses en banda izquieda para bater de disparo cruzado a Brais, 3-0. Con ese resultado no marcador e catro minutos despois chegou a gran polémica do partido, Arriví recibiu unha dura entrada que non foi sancionada polos colegiados. Co xogador doéndose no chan os árbitros expulsaron ao meta local por protestar. Superioridade para o Noia e bo facer da defensa e de Nico que aguantaron as embestidas rivais. Unhas veces a fortuna e outras a boa defensa deixou a cero a portería durante os dous minutos de inferioridad. De aí ao descanso o conxunto amarelo contou con dúas boas ocasiones pero salvou o porteiro.
O porteiro-xogador afundiu a nave amarela
A segunda metade comezou con dúas ocasións consecutivas de Rober e Buján pero un minuto despois Alex resolveu unha xogada de ataque visitante batendo a Nico por arriba. Con 3-1 o Noia creceuse e fixo presion a toda a pista e a punto estivo de marcar o 3.2 pero Alex enviou alto cando non había porteiro. O Cidade respondía á contra e sobre a liña salvou o Noia o cuarto de Buján. Un minuto despois Lito fixo o propio no seu portería para desbaratar a ocasión visitante e no 29 o pau salvou ao Cidade. A falta de 10 minutos o Cidade incrementou a súa vantaxe grazas a Buján. O xogador coruñés recuperou un balón regateou ao defensor e marcou ante Brais de duro disparo. O traballo defensivo do Cidade de Narón tivo os seus froitos e volveu sorprender nunha gran xogada que finalizou Jaco cun trallazo desde a frontal, 5-1. Restaban sete minutos e o Noia sacou porteiro-xogador, algo que fixo moito dano ao equipo de Jorge Rodríguez. En apenas tres minutos e con tres xogadas similares ao segundo pau o equipo visitante púxose 5-4 no marcador tras unha mala defensa do Cidade de Narón. Aramburu, Oscarín e Quique marcaron os tantos. O Noia seguiuno intentando con porteiro-xogador e no minuto 36 un trallazo desde a frontal de Alex puxo o empate no marcador. Restaban catro minutos e o Cidade de Narón espertou cunha tripla ocasión e un larguero que parecía o sexto. Na última xogada con catro segundos no electrónico Rober dispuxo da última pero Brais desbaratou a ocasión. Ao final 5-5 que fai que o equipo naronés non consiga a súa quinta vitoria consecutiva do campionato pero fai que manteña o liderato do Grupo 1 de Segunda División B.
Ficha Técnica
Cidade de Narón: Arrivi, Rober, Lito, Buján e Juve. Tamén xogaron Jaco, Nico e Cristian.
Noia: Brais, Ossorio, Diego Pernas, Aramburu yAlex. Tamén xogaron: Marquitos, Cristian, Oscarín e Quique.
Goles: 1-0, Lito (4), 2-0, Jaco (5), 3-0, Jaco (10), 3-1, Alex (23), 4-1, Buján (29), 5-1, Jaco (32), 5-2, Aramburu (33), 5-3, Oscarín (33), 5-4, Quique (34), 5-5, Alex (36).
Arbitro: José Carreira (A Coruña) e Javier Menéndez (Viveiro). Amonestaron a Buján e Jaco polo Cidade de Narón onde Arriví viu a vermella. Brais, Alex, Marquitos, Oscarín e Ossorio por dúas veces viron a amarela no Noia.
A Pontevedra buscando manter a racha
O Cidade de Narón visita ao Leis Pontevedra coa intención de conseguir a quinta vitoria consecutiva. Tres baixas no equipo de Jorge Rodríguez
O cinco de cinco é posible e o Cidade de Narón buscarao fronte ao Leis Pontevedra na quinta xornada do Grupo 1 de Segunda División B. O equipo de Jorge Rodríguez liquidou o pasado sábado un duro partido ante o Cuellar NaturPellet que mantivo baixo control ao campión e mantívose vivo durante todo o encontro. Rober apareceu e conseguiu un doblete que deu os puntos ao equipo amarelo.
Para conseguir a quinta vitoria, o Cidade de Narón desprazase a Pontevedra (saída ás 13.30h.) onde se enfrontará a un dos equipos que aínda non coñece a vitoria e conta con tan só un punto sendo penúltimo na clasificación. Ás 17.00h, no Pavillón Municipal dos Deportes os naroneses enfrontaranse ao Leis Pontevedra, que vén de caer ante O Esteo As Pontes, coas baixas de Alex Garea, Angel e Josito que seguen recuperándose das súas respectivas lesións.
PARTIDOS FIN DE SEMANA
2ª División “B”: Leis Pontevedra - Cidade de Narón | Sábado 17.00h. | Pavillón Municipal de Pontevedra
Veteranos: Vinoteca Philadelphia - Sedes Cidade de Narón | Domingo 12.00h. | Santa Icía
Senior: Ciclos Roca - Sedes Cidade de Narón | Sábado 18.45h. | Neda
Xuvenil: Cidade de Narón - Concello de Guitiriz | Domingo 10.30h. | A Gándara
Cadete: Cidade de Narón - EDC Verín | Domingo 12.30h. | A Gándara
Infantil: Narón Futsal - Cidade de Narón | Domingo 18.45h. | A Gándara
Alevín: Canido “A” - Cidade de Narón | Domingo 17.15h. | Santa Icía
Benxamín “A”: Cidade de Narón - O Parrulo “B” | Domingo 19.00h. | A Malata
Benxamín “B”: Narón Futsal A - Cidade de Narón | Domingo 16.30h. | A Gándara