O Cidade de Narón volve...
O Cidade de Narón vaise...
O Cidade de Narón cae...
O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA...
O Cidade de Narón despide...
A canteira pide paso!
Os canteranos Diego Rei, Luis Sanesteban e Fernando Combarro incorpóranse á disciplina do equipo de Segunda División B, que prepara Javier Albes.
Integrantes na pasada tempada do equipo xuvenil, que logrou facerse coa primeira praza do Campionato Galego da categoría, estes tres xogadores da Escola de Fútbol Sala Cidade de NARÓN, dan agora o salto ao primeiro equipo coa intención de aportar a súa granito de area.
Enhoraboa Diego, Luís e Fer e a gozar desta oportunidade!
A nova directiva da entidade deportiva mantivo una xuntanza coa Alcaldesa da cidade e trasladáronlle os seus proxectos cara ao futuro
A nova directiva da entidade deportiva, está composta pola presidenta Almudena Fariña Gato, vicepresidente Avelino Cinza Novo, secretario José Vicente Seoane Rey, tesoureiro Javier Albes Testa, e vocal Roberto Ortega García.
Os representantes da entidade manifestaron o seu agradecemento ao apoio institucional do Concello nesta etapa e expresaron a súa intención de comezar a traballar xa co primeiro equipo a finais do presente mes de agosto. O traballo da tempada co resto de equipos irase preparando en función da situación sanitaria na que se vaia desenvolvendo a vida social e deportiva da comunidade como consecuencia dos efectos da Covid-19 e cómo vaia evolucionando a nivel da sociedade.
Ferreiro reafirmou o apoio do Concello nesta nova andaina ao Club Cidade de Narón e manifestou a súa satisfacción polo impulso que supón sempre o compromiso dunha serie de persoas dispostas a traballar polo tecido deportivo naronés posibilitando a práctica deportiva dunha gran parte da mocidade, promovendo a adquisición de hábitos saudables e valores solidarios de traballo en equipo. A alcaldesa e o concelleiro de Deportes desexáronlle moitos éxitos ao Club Cidade de Narón FutSal e ao novo equipo directivo da entidade.
Fonte: http://www.padroadodeportesnaron.com/web/cat/gal/noticias/get/440
A Escola de Fútbol Sala Cidade de Narón abre un período de preinscrición en todas as categorías, desde Biberóns ata Xuvenís.
Se tes entre 4 e 18 anos e apetéceche pasalo ben xogando ao futsal, este é o teu club !!!
Envia un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co teu nome e apelidos, ano de nacemento e un teléfono de contacto e poderás entrar a formar parte da gran familia do Cidade de Narón.
*PRAZAS LIMITADAS
Para máis información chama ao número de teléfono 639 88 68 29 (Cora Seoane)
Un saudo
Xunta Directiva.
ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL TRAS O TÍTULO DE LIGA
Narón, 30 de maio de 2020.- O equipo xuvenil do Cidade de Narón consegue o ascenso á división de honra xuvenil de fútbol sala para a tempada 2020-2021, tras ostentar o primeiro posto na clasificación na xornada número 21 desta tempada. A RFGF debido á pandemia do Covid-19 resolveu dar por finalizadas as competicións coa clasificación a data 14-03-2020.
Título e ascenso merecido ao equipo adestrado por Andrés Pérez Bellas "Andy" e Nicolás Vergara Quintiana, que este ano se facían cargo do equipo. Gran traballo que permitiu facer unha tempada moi satisfactoria, conseguindo os obxectivos marcados a principio de tempada para un persoal novo, e que mostrou unha gran entrega e traballo durante os partidos e sesións de adestramento da tempada. O balance en 21 partidos de 15 vitorias, 2 empates e tan só 4 derrotas, indica a capacidade de competir dun equipo que foi crecendo co paso dos partidos.
Os xogadores de último ano xuvenil como son Fernando Combarro Fernández, Luís Sanesteban Otero ou Diego Rey Lorenzo axudaron aos máis novos a conformar un persoal moi compacta, que se adaptou moi ben ao traballo incansable de mellora proposto por "Andy".
O Club Cidade de Narón está especialmente satisfeito co equipo xuvenil, que segue dando os seus froitos ano tras ano e incorporando xogadores ao primeiro equipo, e quere recoñecer o traballo realizado esta tempada. A disputa da recta final da liga e a eliminatoria de cuartos de final de copa, eran os próximos retos dunha tempada á que non se puido poñer o final esperado na cancha de xogo.