Brais foi o encargado de...
O Cidade de Narón volve...
O Cidade de Narón vaise...
O Cidade de Narón cae...
O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA...
ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL TRAS O TÍTULO DE LIGA
Narón, 30 de maio de 2020.- O equipo xuvenil do Cidade de Narón consegue o ascenso á división de honra xuvenil de fútbol sala para a tempada 2020-2021, tras ostentar o primeiro posto na clasificación na xornada número 21 desta tempada. A RFGF debido á pandemia do Covid-19 resolveu dar por finalizadas as competicións coa clasificación a data 14-03-2020.
Título e ascenso merecido ao equipo adestrado por Andrés Pérez Bellas "Andy" e Nicolás Vergara Quintiana, que este ano se facían cargo do equipo. Gran traballo que permitiu facer unha tempada moi satisfactoria, conseguindo os obxectivos marcados a principio de tempada para un persoal novo, e que mostrou unha gran entrega e traballo durante os partidos e sesións de adestramento da tempada. O balance en 21 partidos de 15 vitorias, 2 empates e tan só 4 derrotas, indica a capacidade de competir dun equipo que foi crecendo co paso dos partidos.
Os xogadores de último ano xuvenil como son Fernando Combarro Fernández, Luís Sanesteban Otero ou Diego Rey Lorenzo axudaron aos máis novos a conformar un persoal moi compacta, que se adaptou moi ben ao traballo incansable de mellora proposto por "Andy".
O Club Cidade de Narón está especialmente satisfeito co equipo xuvenil, que segue dando os seus froitos ano tras ano e incorporando xogadores ao primeiro equipo, e quere recoñecer o traballo realizado esta tempada. A disputa da recta final da liga e a eliminatoria de cuartos de final de copa, eran os próximos retos dunha tempada á que non se puido poñer o final esperado na cancha de xogo.
A TEMPADA 2019-2020 FINALIZA ANTICIPADAMENTE
Narón, 27 de maio de 2020.- Tras recibir a comunicación oficial o pasado 25 de maio da RFEF de que se dan por finalizadas todas as competicións NON profesionais, o Club Cidade de Narón dá por finalizada a súa participación na liga regular da Segunda División B de fútbol sala nacional ocupando o 7º posto da clasificación. Hai que lembrar que a competición finaliza a falta de 7 xornadas por disputar pola situación sobrevinda da pandemia do Covid-19, co que só se disputará a fase de ascenso polos catro primeiros clasificados e a data aínda por concretar.
Desde a dirección do club queremos agradecer a xogadores e corpo técnico a súa dedicación e profesionalidade ao longo de toda a tempada e felicitalos polos esforzos realizados e éxitos cultivados.
No día de hoxe, é a RFGF a que comunica o fin de todas as competicións de base e por tanto o fin da tempada para a nosa escola. Queremos aproveitar para felicitar ao noso equipo xuvenil de liga galega que finaliza a competición en primeira posición e consegue o ascenso a División de Honra para a próxima tempada.
Desde o Cidade de Narón queremos agradecer aos nosos xogadores o esforzo realizado e aos seus pais ou titores o que confien en nós para que se sigan formando.
Desexando desde xa que se dea inicio á próxima tempada para seguir mellorando e aprendendo, esperamos que todos vós como as vosas familias atopédesvos ben de saúde e levedes esta situación excepcional o mellor posible.
Xunta Directiva
Club Cidade de Naron