O Cidade de Narón non...
O Cidade de Narón, á...
Partido aprazado correspondente á Xornada...
Reparto de puntos no derby...
Brais foi o encargado de...
A TEMPADA 2019-2020 FINALIZA ANTICIPADAMENTE
Narón, 27 de maio de 2020.- Tras recibir a comunicación oficial o pasado 25 de maio da RFEF de que se dan por finalizadas todas as competicións NON profesionais, o Club Cidade de Narón dá por finalizada a súa participación na liga regular da Segunda División B de fútbol sala nacional ocupando o 7º posto da clasificación. Hai que lembrar que a competición finaliza a falta de 7 xornadas por disputar pola situación sobrevinda da pandemia do Covid-19, co que só se disputará a fase de ascenso polos catro primeiros clasificados e a data aínda por concretar.
Desde a dirección do club queremos agradecer a xogadores e corpo técnico a súa dedicación e profesionalidade ao longo de toda a tempada e felicitalos polos esforzos realizados e éxitos cultivados.
No día de hoxe, é a RFGF a que comunica o fin de todas as competicións de base e por tanto o fin da tempada para a nosa escola. Queremos aproveitar para felicitar ao noso equipo xuvenil de liga galega que finaliza a competición en primeira posición e consegue o ascenso a División de Honra para a próxima tempada.
Desde o Cidade de Narón queremos agradecer aos nosos xogadores o esforzo realizado e aos seus pais ou titores o que confien en nós para que se sigan formando.
Desexando desde xa que se dea inicio á próxima tempada para seguir mellorando e aprendendo, esperamos que todos vós como as vosas familias atopédesvos ben de saúde e levedes esta situación excepcional o mellor posible.
Xunta Directiva
Club Cidade de Naron