logo cidade de naron

 

O Club Cidade de Narón fundouse na tempada 2006-2007, conseguindo formar equipos en todas as categorías de idades, dende Biberón ata Veteráns, e participando nas distintas Ligas Locais, Autonómicas e Nacionais. Nesta primeira tempada o estandarte do Club foi un equipo de Primeira Nacional "B" (actual Terceira División), que na súa debut conseguiu alcanzar o Campionato de Liga do seu Grupo, e polo tanto o ascenso a Primeira Nacional "A" (actual Segunda División “B”).

Nas Tempadas 2007-2008, 2008-2009, 2009-2010 e 2010-2011 participouse na liga de Primeira Nacional "A", conseguindo nesta última o Campionato da mesma, e o dereito a disputar o Playoff de ascenso a Segunda División, non podendo alcanzar o obxectivo ao perder a rolda eliminatoria co ALAMÍN de Guadalajara.

Na Tempada 2009-2010 alcanzouse o Campionato Galego, así como o de España na categoría Alevín.

As tempadas 2011-2012, 2012-2013 e 2013-2014 o primeiro equipo do Club participou na Liga de Segunda División "*B" Nacional, alcanzando nesta última o Campionato da mesma, á vez que o equipo Benxamín conseguiu o Campionato Galego e o Terceiro posto no Campionato de España. Na tempada 2011-2012 fomos Subcampións da Copa Xunta de Galicia, ao ser derrotados polo Autos Lobelle de Primeira División.

Desde a primeira tempada organizouse o Trofeo Cidade de Narón, conseguindo que acudisen á nosa cidade equipos da envergadura de AUTOS LOBELLE, AZKAR LUGO, SELECCIÓN NACIONAL DE TAILANDIA, DINAMO DE MOSCÚ (en 2 ocasións), COLEGIOS AREAS GRAN CANARIA e SELECCIÓN NACIONAL DE VIETNAM.

dinamo.moscu 

 

Durante este tempo tamén organizamos partidos amistosos no noso Pavillón, pasando por aquí a SELECCIÓN NACIONAL DE ESPAÑA, SELECCIÓN NACIONAL DE RUMANÍA, SELECCIÓN NACIONAL DE GUATEMALA ou BAKU UNITED da Liga Inglesa.


vietnam

 


En todos estes anos logramos estar presentes en todas as competicións existentes para as distintas idades, tanto de carácter Local, Autonómico, como Nacional.

 

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg05_logo_abanca.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg10_logo_clinica_brage.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg24_O.Ponto_marquesina.jpg25_Cardifer_marquesina.jpg28_Salmantina_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg32_Pardavila_marquesina.jpg