alcalde-presidente

 

O Concello e o Club Cidade de Narón de Fútbol Sala asinan un convenio de colaboración cunha vixencia anual

 

“Estamos agradecidos e valoramos moi positivamente o esforzo do Concello en potenciar o fútbol sala”, afirma o presidente Moncho Padin

 

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Cidade de Narón FS, Moncho Padín, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia deportiva.

 

O acordo ten unha vixencia anual (do 1 de xaneiro ao 31 de decembro do 2015) e a través do mesmo o Club recibirá do Concello unha achega de 70.000 euros (dos cales 10.000 euros son para transporte) para o desenvolvemento da actividade deportiva do fútbol sala no termo municipal e en todos os niveis.

 

Asimesmo, poderá utilizar as instalacións do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara (incluída a sala de musculación) e o Pavillón Campo da Serra de Santa Icía.

 

O presidente do club, Moncho Padin, afirmou que a entidade agradece o esforzo do Concello a favor do desenvolvemento do fútbol sala.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg