Axenda | Patrocinadores | Faite socio | Mercar entradas

presidente cidade naron padin freire

Como presidente do Club Cidade de Narón Futsal quero dar a benvida á nosa renovada páxina web, dende onde se vai poder coñecer toda a actualidade informativa do Club.

Pretendemos que este sexa un espazo vivo e un lugar de información, encontro e de servizos para a cada vez máis ampla comunidade de internautas que utilizan as novas tecnoloxías.

Entre os moitos servizos que ofrecemos pódese encontrar, dende facerse socios online ata poder comprar calquera produto de Marchandizaxe na nosa tenda, pasando por toda a información relativa a resultados, clasificacións, galería de imaxes, etc...

Pero sobre todo é un dispositivo de apoio aos pais e/ou nenos da nosa Escola de Futbol Sala Base , aos cales de xeito especial temos en conta, e polos cales este Club apostará sempre, xa que niso vai a nosa razón de ser e futuro.

A modernización de todos os estamentos do Club imponse e complementa os nosos obxectivos económico-deportivos e o acceso a eles do xeito máis doado, a través da tecnoloxía, é unha necesidade. Nesta liña traballamos dende o Club a través deste, o seu portal web.

A través desta presentación queremos pedirvos dúas cousas, a primeira, que aos que navegades pola web www.cidadedenaron.eu nos fagades chegar cantas suxestións estimedes para que este Club sexa máis eficaz para os socios e/ou afeccionados, e o segundo que aos que non coñecedes o noso Club, fagades un oco na vosa axenda para vir a descubrilo.

O noso obxectivo é que os nenos gocen e se eduquen practicando o fútbol sala, e se ademais diso, conseguimos que os resultados nos fagan alcanzar éxitos nas competicións nas que participamos, pois mellor que mellor, aínda que isto último sexa algo que só nos esiximos nos equipos de categorías superiores do Club.

Estamos á vosa enteira disposición.

Moitas grazas pola vosa visita.

Sen máis, quero enviarvos un cordial saúdo e...

¡ ¡ AUPA CIDADE!!!!

Jose Ramón Padín Freire

Presidente do Club Cidade de Narón

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg05_logo_abanca.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg10_logo_clinica_brage.jpg11_logo_elinco.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg17_logo_marinolandia.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg20_logo_viaxes_terrae.jpg21_Samalex_marquesina.jpg22_Valio_marquesina.jpg23_Salvador.Mesa_marquesina.jpg24_O.Ponto_marquesina.jpg25_Cardifer_marquesina.jpg26_Aelectro_marquesina.jpg27_Logo_Libreria_DAY.jpg28_Salmantina_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg32_Pardavila_marquesina.jpg33_Kensington_marquesina.jpg34_Todo-Ocio.jpg