cdn-campeones

Estamos en 2ª División


O Cidade de Narón logrou esta tarde un ascenso histórico ante o Colo-Colo de Zaragoza. O partido acabou con empate a un gol. O pabellón da Gándara rexistrou unha excelente entrada, a mellor da tempada. 


Este sábado 30 de maio pasará á historia do deporte do Concello de Narón. O noso primeiro equipo logrou o ascenso á Segunda División Nacional e a súa entrada na Liga Nacional de Fútbol Sala. O partido foi un mero trámite logo da goleada naronesa no partido de ida (1-4). Máis de 1.000 persoas achegáronse ao pabellón da Gándara para presenciar, apoiar e gozar do partido. O alcalde de Narón José Manuel Branco, o presidente da Federación Galega de Fútbol Sala Juan Probaos, directivos da FGF e directivos doutros clubs apoiaron ao Cidade de Narón neste momento crucial.


A directiva quere agradecer a todos os estamentos do fútbol sala galego o seu apoio esta tarde e tamén á FGF, Concello de Narón e patrocinadores do club naronés pero sobre todo aos xogadores do primeiro equipo e ao corpo técnico capitaneado por Pedro Rivera.


O partido, como diciamos anteriormente, foi de mero trámite. O encontro acabou con empate a un gol. O Colo-Colo desprazouse a Narón con só 8 xogadores e nunca foi a por o partido e a por a eliminatoria. 


Comezou marcando o Cidade co gol de Brais tras unha internada por banda e o seu posterior remate á escuadra. Corría o minuto 4 de partido. O conxunto maño empató no último minuto tras unha xogada combinada con porteiro-xogador. O autor do tanto visitante foi Muniesa. No transcurso do partido houbo algún pau, algunha contra con perigo pero sen moita mordiente polos dous equipos. 

 

Ficha técnica:


Cidade de Narón FS: Arriví, Jacobo, Lito, Buján e Juve. Tamén xogaron Borja, Róber, Brais, Álex, Christian.


Colo Colo: Rodri, Alqueza, Muniesa, Dani e Antolín. Tamén xogaron Conde e Voro.


Goles: 1-0, min 4: Brais; 1-1, min 39: Muniesa.


Árbitros : Vilás López e Menéndez Nistal. Mostraron cartulinas a Dani polo Colo Colo e a Borja e Jacobo polo Cidade de Narón.


Pabellón: A Gándara. 1.000 persoas

Estamos en Segunda! 
Narón quere máis Cidade 

 

 

 

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg