Tomás web

 

Homenaxe a Tomás Llao, Vicepresidente do Cidade de Narón

"40 anos de paixón polo fútbol sala"

 

Os salóns do Hotel Almirante de Ferrol servirán de escenario para a homenaxe ao directivo ferrolano. Será o vindeiro venres 11 de setembro a partir das 22h nunha cea-homenaxe

 

Narón, 27 de xullo de 2015.- O venres 11 de setembro o fútbol sala galego renderá unha caluroso e emotiva homenaxe a un dos “grandes” directivos que deu este deporte en Galicia. Tomás Llao Gómez, actual Vicepresidente do Cidade de Narón, fundador de varios equipos e directivo de grandes clubs de Galicia, recibirá o recoñecemento de todo o noso deporte. O acto comezará ás 22 horas e desenvolverase no transcurso dunha cea-homenaxe que se celebrará nos salóns do Hotel Almirante de Ferrol.

 

Llao foi Xerente de O Parrulo Ferrol en Primeira División e División de Prata e Delegado do primeiro equipo ferrolano, ademais de Director Deportivo da entidade e Presidente-fundador da escola de fútbol-sala de O Parrulo.

 

Comezou no fútbol sala en 1975 e formou parte de equipos como o Café Bar La Peña, Grupo Bazán, Joyería Jaype, Os Amigos, Galicia de Caranza e coordinou a base de fútbol sala do colexio Compañía de María de Ferrol durante doce anos.

 

Membro-fundador da Asociación Ferrolana “Deporte para Todos”, Llao foi Director Deportivo do histórico Boandanza de Fene, equipo que militou en Segunda División e que fundou xunto co Egasa-Chastón da Coruña a Liga Nacional de Fútbol Sala a nivel galego. Ademais foi membro-fundador da escola de fútbol sala do Boandanza, membro-fundador do club Cidade de Narón do que actualmente é Vicepresidente e Director Xeral.

 

Tomás Llao é adestrador autonómico de fútbol sala pola FGFS e formou parte da organización e coordinación da gala do 25º aniversario do Fútbol Sala Ferrolano. Realizou xestións para que a Selección Española Absoluta de Fútbol Sala visitase Ferrolterra en dúas ocasións e tamén os combinados de Thailandia, Rumanía, Guatemala, Vietnam, Dinamo de Moscú, etc.

 

Para apuntarse e participar na homenaxe é necesario ingresar 30 euros por persoa na conta do Cidade de Narón FS (ABANCA, ÉS85 2080 0235 9330 4000 1325) coa descrición de “HOMENAXE A TOMÁS LLAO” e o nome do participante.

 

Para máis información contactar co coordinador da homenaxe Xan Morales a través do teléfono 630 344 532 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

O prazo para apuntarse finalizará o venres 4 de setembro.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg