Todos convocados salvo Niceto

 O técnico do Cidade de Narón conta con todo o persoal para o estreo liguero en LNFS. En fronte estará o Plásticos Romeu de Cartagena que adestrará esta tarde no pabellón da Xunqueira de San Valentín

Narón, 18 de setembro de 2015.- O Cidade de Narón comeza mañá o curso deportivo e a súa traxectoria na Segunda División do fútbol sala español. A cita é ás 18h no pabellón da Gándara con arbitraje de Álvarez Roda e Hevia Campa. A entrada custará 5 euros e en fronte estará o Plásticos Romeu de Cartagena.

Todos convocados salvo o porteiro Niceto

O técnico Javi Albes citou a todos os seus xogadores para este trascendental partido, consciente do importante que é comezar cunha vitoria ante un conxunto potente como o Plásticos Romeu de Cartagena. Así mañá estarán a disposición do adestrador Arriví e Juanjo na portería con Jaco, Róber, Cokito, Álex Garea, Borja, Brais, Juve, Bebeto, Iago e Iván. Só queda fóra o porteiro Niceto xa que Albes convocou a Arrivi e Juanjo para este cometido. Onte o equipo afrontou a súa última sesión de traballo antes do partido de mañá sábado.

O Plásticos Romeu de Cartagena busca estar nos primeiros postos

O conxunto cartagenero partiu onte de noite cara a Narón e chegou a media mañá ao hotel Valcarce de Río do Pozo, onde habilitarán o seu cuartel xeral. O equipo do técnico Juan Carlos Guillamón planificou unha sesión de traballo esta tarde na pista do pabellón da Xunqueira en San Valentín-Fene. O equipo vén con todas as súas figuras como Jesús Esquerdo ou Rubén Zamora, que procede do Montesinos Jumilla.

Albes destaca a importancia da vitoria para o comezo de competición

O técnico do Cidade de Narón FS realizou unhas declaracións á páxina web da Liga Nacional de Fútbol Sala. O noso adestrador afirmou que gañar ao Cartagena é clave para empezar con bo pé a Segunda División.

É un equipo que pelexará polo ascenso, reforzáronse moi ben con xogadores de calidade e poñerannos as cousas moi complicadas no noso debut en casa, manifestou Albes.

O míster espera un equipo agresivo e que desenvolverá presión en toda a cancha. Espero un gran apoio da afección. Para nós esta tempada serán o sexto xogador, a súa forza será fundamental, argumentó o máximo responsable do equipo.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg