albes-1

 

O martes vestímonos de curto

O vindeiro martes iníciase a pretemporada para o primeiro equipo coa tradicional “presentación”. Javi Albes ten planificada sesión para todos os días da semana.

O vindeiro martes 11 de agosto iniciamos curso deportivo. Será unha temporada especial xa que afrontamos, por primeira vez, a nosa etapa na Segunda División e na LNFS. O técnico Javi Albes convocou a todos os xogadores inscritos ao primeiro plantel. Será este martes ás 19.30 horas no pavillón da Gándara. Está prevista a habitual presentación do grupo e os tradicionais “test físicos” de inicio de pretemporada.

O corpo técnico planificou sesións de preparación física e adestramentos técnico-tácticos ao longo da semana. Haberá sesións de traballo o mércores, xoves e venres. As citas de preparación física desenvolveranse no pinar de Cabanas, “polo menos as primeiras sesión”, apunta o máximo responsable do equipo Javi Albes.

O traballo técnico-táctico terá lugar no pavillón. Durante o mes de agosto alternarase o ximnasio da instalación da Gándara e o pavillón da Solaina en Santa Icía.


Javi Albes confía moito no grupo e é optimista no arranque ligueiro

O técnico está tranquilo e mostra o seu optimismo no inicio ligueiro. Coñece ben ao grupo humano que dirixirá e que xa dirixiu fai dúas tempadas, ademais, seguirá contando cos axudantes que o ano pasado tiña o club, moitos deles coñecidos porque tamén formaron parte do seu equipo técnico fai dúas campañas.

“Hai moito traballo feito de anteriores anos. Non é nada novo para min. Tanto os xogadores como os meus axudantes son xente da casa, xente coa que traballei noutros momentos e que me dan moita confianza”, manifesta Albes.

“O meu gran obxectivo a curto prazo é preparar unha pretemporada eficaz para iniciar, arrincar a liga ben. É importante empezar ben a competición”, incide o adestrador. Albes destaca o reforzo de última hora de moitos equipos de prata.

O martes comezará o curso deportivo o novo Cidade de Narón. A cita será ás 19.30h no pavillón da Gándara.

 

Estamos en Segunda

Narón quere máis Cidade

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg