O Magna Gurpea Xota de Navarra clasifícase para oitavos da copa do Rei

O equipo navarro saíu a por todas nos primeiros minutos do partido e desequilibraron o enfrontamento. O Cidade tivo opcións de meterse no partido durante a segunda parte.

 

Narón, 29 de setembro de 2015.- O Cidade de Narón FS intentouno esta tarde ante un primeira división como é o histórico Xota de Navarra. O equipo de Javi Albes viuse sorprendido por un Xota que saíu a por todas nos primeiros minutos de partido pero tralo descanso o equipo naronés colocou un 2 a 4 esperanzador tras comezar o periodo co porteiro-xogador. Ao final vitoria navarra por 3 a 8 e o Xota que se clasifica para oitavos de final da Copa do Rei.

 

O equipo de Imanol Arregui saíu con presión total e en busca de desequilibrar o partido nos primeiros minutos. Desta forma nos primeiros cinco minutos o conxunto visitante logrou tres goles de renda grazas aos tantos de Ibarra con tiro cruzado, Alex en propia porta tras un saque de esquina de Saldise e Araça, tamén en tiro cruzado. Tralo vendaval navarro dos primeiros minutos, o Cidade comezou a meterse no partido e Juve xa avisou cun tiro ao pau no minuto 7 pero foi o capitán Róber o que inaugurou o marcador local cun tiro desde a frontal tras darse a volta. O 1-3 abría o partido á esperanza. O Cidade comezou a chegar con certo perigo á porta de Asier pero os roubos de balón e as contras visitantes eran letais. Desta forma Saldise colocou o cuarto tanto tras un rexeitamento do porteiro a un tiro de Araça. Con 1 a 4 chegouse ao final dos primeiros 20 minutos.

 

Trala reanudación Albes arriscou consciente de xogarse a eliminatoria nos últimos 20 minutos e colocou a Juve como porteiro-xogador. A nova situación orixinou o gol de Alex, que sorprendeu ao porteiro cun tiro no área. Co 2 a 4, o partido abriuse e tamén se multiplicaron as esperanzas do Cidade. Imanol Arregui consciente da nova situación obrigou aos seus homes a apertar de novo o acelerador e no minuto 25 Rafa Usín sorprende a Alberto tras recoller un pase ao segundo pau de Araça. Era o 2 a 5 que matou o partido a favor dos navarros. Asi o xaponés Yoshikawa tras un rexeitamento do porteiro Alberto fabricou o sexto gol tras varias aproximaciones e situacións de perigo en accións a balón parado.

 

Co partido sentenciado, o xaponés logrou o sétimo gol tras un roubo de balón en propio campo con porteiro-xogador do equipo naronés e Bebeto desde a frontal conseguiu o terceiro gol local tras sorprender a Asier por raso. O último tanto da tarde foi obra de Rafa Usín tras lanzar un dobre penalti con tiro raso e pechar o partido co 3-8 final.

 

Ficha técnica:

Cidade de Narón FS: Juanjo, Róber, Alex, Juve, Bebeto. Tamén xogaron Cokito, Borja, Brais, Iago, Iván e Alberto.

Magna Gurpea Xota Navarra: Asier, Víctor, Martil, Saldise, Ibarra. Tamén xogaron Araça, Yoshikawa, Jesulito, Rafa Usín, Ohan, Alvarito.

Goles: 0-1, min 1: Ibarra; 0-2, min 2: Alex en p.p; 0-3, min 5: Araça; 1-3, min 9: Alex; 1-4, min 14: Saldise; 2-4, min 21: Alex; 2-5, min 25: Rafa Usín ; 2-6, min 34 : Yoshikawa ; 2-7, min 37 : Josikawa ; 3-7, min 38 : Bebeto ; 3-8, min 39 : Rafa Usín (2p).

Árbitros: Galo Suárez e Hevia Campa (Asturias). Amonestaron a Bebeto do Cidade de Narón FS e a Saldise do Magna Gurpea Xota Navarra.

Pabellón: A Gándara.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg