Hércules San Vicente pon a pechadura á liga regular en Narón

Javi Albes contará con todo o persoal salvo a baixa de Pedrito, Borja e Arriví. O Hércules San Vicente xogará o playoff de ascenso. O Pozo de Murcia proclamouse campión de liga e Plásticos Romeu Cartagena ascenderá directamente ao ser O Pozo un equipo filial. Valdepeñas, Hércules, Gran Canaria e Segovia xogarán os playoff. O Barcelona Lassa B cáese da promoción pola súa condición de filial

Narón, 15 de abril de 2016.- O Cidade de Narón pon a pechadura á liga regular no pabellón da Gándara e tamén á súa primeira experiencia en competición da LNFS. Este sábado o conxunto naronés recibirá ao Hércules San Vicente de Alacante. O partido estará dirixido polos colegiados Álvarez Roda e Hevia Campa. O encontro comezará ás 18h.

O técnico do Cidade de Narón Javi Albes espera contar con todo o primeiro plantel salvo a baixa coñecida de Pedro Navajas, que se recupera do seu forte esguince de tobillo. Tamén será baixa Borja con problemas de garganta e o guardameta Arriví, que se recupera da cadeira. Finalmente o capitán Róber estará na convocatoria e como porteiros o adestrador citou a Fernando Esparza e Alberto.

O Hércules San Vicente de Alacante xa ten praza para xogar os playoff de ascenso a Primeira División.

O pasado fin de semana coñeceuse o campión de liga que é o filial do Pozo de Murcia. Esta circunstancia posibilitou que o seu rival e veciño, o Plásticos Romeu Cartagena ascenda directamente ao quedar na segunda posición da clasificación. Segovia e Gran Canaria están separados por un punto na clasificación a falta desta última xornada de liga. O Segovia xogará na pista do Valdepeñas e o Gran Canaria recibe na illa ao FSD Puertollano. Segovia e Gran Canaria xogarán os playoff xunto co Valdepeñas e o Hércules. O FC Barcelona Lassa B, con opcións de xogar a promoción, non o fará pola súa condición de filial do FC Barcelona Lassa. Nesta última xornada de liga decidiranse os emparejamientos xa que o 2º xogará co 5º clasificado e o 3º enfrontarase ao 4º.

Axenda fin de semana

Div Honor Xuvenís | pab As Lagoas (Narón), dom, 10.30h | Cidade de Narón-Randufe Futsal

Liga Galega Cadetes | Pab A Gándara (Narón), sáb, 20:15h | Cidade de Narón- Pecheches

Alevín A | Pab A Gándara (Narón), dom, 19h | Cidade de Narón-Academía Rede Blue A

Prebenjamín | Pab A Gándara (Narón), dom 18h | Cidade de Narón-Amio SD

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg