Vitoria do Hércules na pechadura de tempada na Gándara

O Hércules San Vicente goleó ao Cidade no último partido da liga regular da Segunda División na Gándara. O tanto do Cidade foi obra de Juve

Narón, 16 de abril de 2016.- Non puido ser e o Cidade de Narón pechou a tempada liguera na súa feudo da Gándara con derrota. O Hércules San Vicente demostrou a súa condición de equipo revelación da tempada e mostrouse como un bloque moi competitivo, pragmático e eficaz. O Cidade intentouno e forzouse en buscar as súas posibilidades pero o Hércules pechouse ben no traballo defensivo e xerou poucos espazos para a potencialidade ofensiva do equipo naronés.

O Cidade aproximouse á porta de Teté con algunha posibilidade nos primeiros minutos de partido como un tiro de Sergio que despexou finalmente un defensor visitante ou unha ocasión de Víctor que despexou o porteiro Teté.

O Hércules inaugurou o marcador no ecuador do primeiro tempo. Peloncha aproveitou unha contra que naceu doutra contra do Cidade non resolta. O xogador recibiu de Miani, que subiu a pelota e realizou un preciso cambio de orientación, e que aproveito Peloncha para bater a Alberto. Un minuto máis tarde Juandi controlou un rexeitamento do porteiro Alberto tralo lanzamento dun dobre penalti de Miani que despexou o guardameta local en primeira instancia.

Tralo segundo tanto Javi Albes pediu tempo morto para reconducir a situación pero dous minutos máis tarde chegou o terceiro tanto obra de Alex tras un roubo de balón e posterior contra. Antes do descanso o Hércules logrou o cuarto tanto, obra de Fabricio tras un fallo defensivo. Con 0 a 4 chegouse ao descanso.

Trala reanudación Javi Albes deu entrada a Fer Esparza na portería en sustitución de Alberto pero o Hércules defendeuse ben e as aproximaciones do Cidade á porta de Teté foron escasas. Javi Amorós asinou o quinto tanto tras unha perda de balón na primeira liña de pase.

O Cidade realizou a súa mellor xogada ofensiva no ecuador do segundo periodo cun xogo combinativo onde participou todo o equipo e que Iago non puido sentenciar en tiro cruzado ante o porteiro Teté. O gol naronés chegou no minuto 31 tras un tiro desde a frontal de Juve que sorprendeu ao guardameta visitante pero as alegrías locais duraron pouco xa que Fabricio rubricou o sexto tanto tras un fallo defensivo do Cidade na primeira liña de pase.

Aínda o conxunto alicantino puido colocar o sétimo tanto, obra de Juandi tras un roubo de balón. Ao final vitoria alicantina e pechadura de tempada do Cidade.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Alberto, Chicho, Víctor, Iago, Juve. Tamén xogaron Sergio, Róber, Cokito, Alex, Brais, Iván e Esparza

Hércules San Vicente: Tete, Frabricio, Peloncha, Alex, Juanito. Tamén xogaron Juandi, Miani, Amorós, Cassio e Cristian

Goles: 0-1, min 13: Peloncha; 0-2, min 14: Juandi; 0-3, min 16: Alex; 0-4, min 19: Fabricio; 0-5, min 26: Amorós; 1-5, min 30: Juve; 1-6, min 31: Fabricio; 1-7, min 37: Juandi.

Árbitros: Álvarez Roda e Hevia Campa. Mostraron tarxetas a Cokito e Víctor polo Cidade de Narón e a Cassio polo Hércules San Vicente.

Pabellón: A Gándara.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg