Os equipos Alevín A e Prebenxamín lograron clasificarse para a final provincial de FS

A final terá lugar o próximo 30 de abril. O equipo alevín A clasificouse ao eliminar ao Academia Rede Blue A mentres que os prebenxamines lograron billete tras apear ao Amio, SD. Por outra banda, os xogadores alevines Adrián Lombao, Daniel Sánchez e Hugo García participarán na próxima Fase Final do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas que se celebrará esta semana en Girona

Narón, 18 de abril de 2016.- A base do Cidade de Narón está de noraboa. O equipo Alevín A logrou este fin de semana o seu pase para a Fase Final Provincial ao eliminar ao conxunto do Academia Rede Blue A. O equipo naronés venceu na Gándara por 5 a 2 logo de gañar tamén na Coruña por 1 a 3. Pola súa banda os prebenxamines tamén se clasificaron para xogar a final provincial logo de vencer en semifinais ao Amio, SD. Non foi fácil a consecución do billete para a final. Os dous partidos disputados da eliminatoria acabaron con empate a catro goles pero a tanda de penaltis decidiu a eliminatoria. O próximo 30 de abril xogaranse as dúas finais.

Tres xogadores do Cidade co combinado galego no Campionato de España

Por outra banda, tres xogadores do noso club foron convocados polos combinados galegos da Federación Galega de Fútbol Sala para participar na Fase Final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de FS.

Galicia enfrontarase o mércores co combinado de Madrid, o xoves 21 de abril con Castilla-A Mancha e o venres 22 de abril co equipo da Rexión de Murcia. Ademais os tres xogadores alevines participarán nun adestramento que terá lugar hoxe luns no Pazo dous Deportes de Riazor na Coruña. Falamos dos alevines Adrián Lombao Chao, Daniel Sánchez Neto e Hugo García Fernández, que foron chamados polo seleccionador Alfonso Castro.

Non é a primeira vez que xogadores da escola e da base do Cidade de Narón FS participan na planificación dos combinados galegos. Así, o xuvenil Iago Otero Fernández foi convocado polo seleccionador Ramón Barreiro e tamén o cadete Diego González Fernández contou coa confianza dos responsables do equipo galego Manuel Martínez e Asier Fernández. Tamén os alevines Adrián e Hugo son habituais dos equipos que adestra Alfonso Castro e foron citados noutras ocasións.

A Xunta Directiva quere expresar a súa felicitación aos xogadores do equipo alevín A e prebenxamín polos éxitos logrados e mostrar a súa satisfacción pola convocatoria de tres xogadores do noso club e desexarlles sorte co combinado galego alevín neste Campionato de España.

Traballamos polo futuro do fútbol sala

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg