Quique-Tenerife web

A can fraco…

Sergio Simón e Brais súmanse ás baixas de Róber e Quique por lesión e Arrivi por sanción. Albes convocou aos xuvenís Marcos Méndez, Bruno Mouriz, Mario García e Guille Castro para completar citación. O Elche CF necesita consolidar o seu posto no playoff de ascenso xa que se xogan dúas prazas tres equipos (Elche, Parrulo e Valdepeñas)
Narón, 24 de marzo de 2017.-
O Cidade de Narón recibirá mañá sábado ao Elche, CF na Gándara. O partido está previsto para as 18h, arbitrado polos colexiados Álvarez Rueda e Hevia Campa.

O Cidade convocou a catro xuvenís para completar o seu plantel para este partido. O porteiro Bruno Mouriz e os xogadores Guille e Mario, habituais no primeiro equipo, estarán na pista da Gándara. Onte o técnico Javi Albes completou a cita co xogador xuvenil Marcos Méndez Noval, que afrontará a súa primeira experiencia en Segunda División LNFS.

A convocatoria destes catro xuvenís débese ás baixas experimentadas polo primeiro plantel nos últimos días. Así, Sergio Simón está lesionado por problemas nas costas e Brais tamén se sumou esta semana ás baixas físicas con problemas musculares aínda que será dúbida ata última hora. Ademais tamén están no “dique seco” o capitán Róber e o xogador Quique e está sancionado o porteiro Arrivi (afrontará o seu último encontro de sanción). Desta forma a lista de convocados está formada por Esparza e Bruno Mouriz como porteiros e como xogadores estarán mañá na Gándara Chicho, Cokito, Juve, Malaguti, Iván, Mario, Guille e Marcos.

O Elche ten como único obxectivo ascender. O presidente da entidade alicantina Diego García e o técnico do equipo Jordi Durán deixárono claro xa en pretemporada. “O noso obxectivo é volver a primeira división”, esta é a meta dun dos equipos máis completos da categoría.

O Elche reforzouse con equilibrio, consistencia e competencia e ocupa a quinta posición da xeral con 41 puntos. Suma 12 vitorias e cinco empates en 23 partidos disputados e xógase unha praza de playoff con Parrulo e Valdepeñas xa que Segovia e Antequera xa teñen asegurada a presenza na fase de promoción.

Axenda fin de semana:

Div Honra Xuvenil | Pav A Gándara, dom, 12.30h | Cidade de Narón-Vigo 2015

Comb Infantil | Pav A Gándara, Sab, 16h | Cidade de Narón-Selección Galega Alevín

Alevin A | Campo da Serra, dom, 20.10h | O Parrulo FS “A”-Cidade de Narón “A”

Alevin B | Pav A Malata, dom, 17.10h | SRD Esteiro “A”-Cidade de Narón “B”

Benxamin A | Campo da Serra, dom 18.30h | Cidade de Narón “A”-O Parrulo FS “B”

Benxamin B | Pav As Lagoas, dom, 18.30h | Cidade de Narón “B”- SDCR Narón O Freixo “A”

Descansa este fin de semana o equipo Prebenxamin

Aprazados os partidos dos Cadetes e Infantís de Liga Galega para o “martes santo” (11 de abril)


01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg05_logo_abanca.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg10_logo_clinica_brage.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg24_O.Ponto_marquesina.jpg25_Cardifer_marquesina.jpg28_Salmantina_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg32_Pardavila_marquesina.jpg