Axenda | Patrocinadores | Faite socio | Mercar entradas

Elche formación web

O Elche goleou ao Cidade

O conxunto alicantino decantou o partido ao seu favor nos primeiros minutos e posteriormente xogou cómodo. O Cidade acusou as numerosas baixas

Narón, 25 de marzo de 2017.- O Elche CF goleou esta tarde ao Cidade na Gándara e aproveitouse das numerosas baixas que presentou o conxunto local tralas varias lesións sufridas nos últimos días e a sanción do seu porteiro titular Arrivi. Albes citou a catro xuvenís para completar convocatoria e o Elche aproveitouse desta circunstancia.

O primeiro tanto chegou nos primeiros segundos de enfrontamento. Christian Rubío aproveitou un fallo defensivo para bater a Esparza e inaugurar o marcador. Xa no minuto 2 o xogador Kiwi volveu bater ao porteiro do conxunto naronés. Posteriormente Juve puido sorprender cun tiro escorado no pau esquerdo desde a frontal pero sen complicaciones para o porteiro Kike. Tamén Malaguti achegouse á porta do Elche cun contragolpe que finalizou cun tiro cruzado.

Posteriormente Iván puido meter ao Cidade no partido tras un córner que sacou Juve e que o xogador ferrolano mandou ao pau desde a frontal. Tras esta ocasión naronesa chegou o terceiro tanto visitante como consecuencia dun contragolpe que rematou Juanito. Con 0 a 3 Javi Albes solicitou tempo morto pero tralo paréntesis chegou o penalti a favor do Elche que se encargou de transformar Jesús García. Con 0 a 4 o partido estaba sentenciado aínda que aínda Óscar Ruíz colocou o quinto gol antes do descanso tras un roubo de balón e o seu posterior contragolpe.

Trala reanudación Cristian asinou o sexto tanto e Adrián fabricou un golazo desde a banda esquerda. O tanto naronés anotouno Juanito en propia meta e o propio Juanito foi o autor do oitavo tanto alicantino cando o Cidade quedou cun home menos trala expulsión de Cokito, ao ver a segunda tarxeta amarela. Christian Rubío asinou o noveno e último gol visitante.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Esparza, Chicho, Juve, Malaguti, Iván. Tamén xogaron Cokito, Brais, Mario, Guille.

Elche, CF: Kike, Christian Rubío, Adrián, Jesús García, Kiwi. Tamén xogaron Juanjo, Rubí, M. García, Óscar Ruíz, Cristian, Juanito.

Goles: 0-1, min 1: Christian Rubío; 0-2, min 2: Kiwi; 0-3, min 11: Juanito; 0-4, min 14: Jesús García (penalti); 0-5, min 16: Óscar Ruíz; 0-6, min 20: Cristian; 0-7, min 27: Adrián; 1-7, min 27: Juanito (propia meta); 1-8, min 34: Juanito; 1-9, min 39: Christian Rubío.

Árbitros: Álvarez Rueda e Hevia Campa. Amonestaron a Chicho, Malaguti e sinalaron dúas tarxetas a Cokito polo que foi expulsado no minuto 34.

Pavillón: A Gándara.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg05_logo_abanca.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg10_logo_clinica_brage.jpg11_logo_elinco.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg17_logo_marinolandia.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg20_logo_viaxes_terrae.jpg21_Samalex_marquesina.jpg22_Valio_marquesina.jpg23_Salvador.Mesa_marquesina.jpg24_O.Ponto_marquesina.jpg25_Cardifer_marquesina.jpg26_Aelectro_marquesina.jpg27_Logo_Libreria_DAY.jpg28_Salmantina_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg32_Pardavila_marquesina.jpg33_Kensington_marquesina.jpg34_Todo-Ocio.jpg