“NARÓN quere máis CIDADE” é a campaña de captación e renovación de socios, colaboradores e patrocinadores para a tempada 2020/2021 coa que o Club pretende conseguir o impulso necesario para alcanzar unha maior categoría dentro do Fútbol Sala Nacional e achegar así a Narón o mellor deste deporte.
Á vez, o Club pretende ofrecer a todos os nenos/as de Narón e comarca a posibilidade de formarse, tanto deportiva como humanamente, da mellor forma posible e cos mellores medios material e humanos.
Se queres xuntarte a esta campaña, e contribuír así á consecución das mesmas metas, dispós de duas opcións que a continuación che presentamos:
- Opción 1: Faite Abonado.
O custo total a abonar durante a tempada 2020/2021 será de 30 Euros e dará dereito ao titular a asistir a todos os partidos que dispute o Club como Local.
Faráselle entrega de 1 Carné de Abonado personalizado. Ata o día 15 de Setembro con cada Abono, regalarase un segundo Carné.
- Opción 2: Faite Colaborador.
O custo total a abonar durante a tempada 2020/2021 será de 100 Euros e dará dereito ao titular, a asistir de xeito gratuito a todos os partidos que dispute o Club como Local. Ofrécese a posibilidade ademais, previo consentimento do interesado, de inserir un espazo publicitario na páxina web do Club: www.cidadedenaron.eu.
Faráselle entrega de 2 Carnés de Colaborador personalizados e 1 Cartel de Colaborador unha vez formalizado o pago.
O proceso de formalización, para calquera das opcións mostradas, será o seguinte:
1.- Primeiro paso. ¡Ben sinxelo! Rechea o formulario que atoparás no Menú DOCUMENTOS.
2.- Segundo paso. Entrégao, debidamente cumprimentado, na oficina do Club das seguintes formas:
- Correo electrónico:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Correo postal ou, si o prefíres, personalmente:
Pavillón Municipal da Gándara
Estrada dá Gándara, 148
C.P.: 15570
Narón (A Coruña)
Horario de atención ao público: Luns e Xoves de 18:00 a 20:30 horas, a partires do 1 de Setembro.
3.- Terceiro paso. ¡Recolle o teu carnet! Formalizado o pago, poderás dispoñer del na oficina do Club e no horario de atención ao público que así estea determinado.
Xa tes toda a información. Agora só quedas ti.
!Únete a Cidade de Narón Futsal!