Foto Previa Albense- Cidade web

O Cidade de Narón visita ao colíder coa mente nos tres puntos
Os naroneses visitan ao Albense FS, segundo clasificado da segunda división B grupo 1.

O Cidade de Narón Futsal desprazarase este fin de semana a Castilla e León para afrontar a sexta xornada do Campionato nacional de liga ante o Albense FS. A artillería de Javier Albes busca conseguir os tres primeiros puntos a domicilio e para iso terá dispoñible a todo o persoal.

Trala racha de vitorias como local, o Cidade de Narón quere ser ambicioso e ir a por os tres puntos a unha pista moi difícil que aínda non coñece a derrota esta tempada. A confianza é moi boa xa que a *espina de intentar conseguir a vitoria a domicilio dá un plus de intensidade ao equipo, que se adestrou con moita ilusión durante toda a semana.

En fronte, o Cidade atopará ao segundo clasificado que segue invicto en casa do mesmo xeito que o conxunto naronés.

Javier Albes fala sobre o Albense; “Temos en mente que imos a unha pista moi dificil. Imos intentar seguir sendo competitivos como estamos facendo no que vai de tempada e conseguir a primeira vitoria fóra de casa. O Albense é un equipo que xoga con moita intensidade por iso xogar con cabeza pode ser clave.”
O partido será ás 18:30 horas do sábado 28 no pavillón municipal de Alba de Tormes.

 

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg05_logo_abanca.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg10_logo_clinica_brage.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg24_O.Ponto_marquesina.jpg25_Cardifer_marquesina.jpg28_Salmantina_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg32_Pardavila_marquesina.jpg