WhatsApp Image 2017-11-02 at 16 opt

O tanto acadado polo xogador do Cidade de Narón inclinaba a balanza a favor do conxunto ferrolano a tan so 1'45 do final ante unha correosa selección viguesa que se adiantaba no marcador ata en duas ocasións.

Os mellores xogadores de fútbol sala cadete de Galicia reunianse no dia de onte no pavillón municipal de "A Gandara" para a disputa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais.  

Dende moi cedo, as grandes promesas do fútbol sala galego disputaban os partidos de grupos, dando o pistoletazo de salida á competición o encontro entre as seleccións de Coruña e Ferrol que acadou un resultado de empate a un.

Os partidos foron moi disputados durante todo o día, pero só dous equipos poderían chegar á gran final. A selección de Vigo e de Ferrol foron as protagonistas de dita final, tras pasar con éxito na cabeza de cadanseu grupo. Catro xogadores do Cidade de Narón que deleitaron ao público en varias ocasións con xogadas para enmarcar, disputarían o partido que podería procamalos campións galegos de seleccións comarcais. Lucas González, Iago Pérez, Alex Cuende e Daniel Prieto eran os protagonistas do club naronés.

Unha final moi disputada ata o final con unha selección viguesa moi intensa e unha selección ferrolana moi ben plantada na pista deleitaba aos espéctadores de " A Gandara" e non poñía en duda o nivel de fútbol que se estaba a ver. O xogador do Cidade de Narón Iago Pérez fariase protagonista absoluto da gran final, xa que a falta dun minuto poñía o gol que daría o campeonato a selección de Ferrol.

O ambiente vivido neste festivo entre as seleccións de Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo, Santiago, Ferrol e A Coruña foi de completa deportividade e compañeirismo. Unha gran cantidade de público poñía a guinda a un dia redondo organizado pola Real Federación Galega de Futbol coa colaboración do Concello de Narón e o Cidade de Narón Futsal.

 

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg05_logo_abanca.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg10_logo_clinica_brage.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg24_O.Ponto_marquesina.jpg25_Cardifer_marquesina.jpg28_Salmantina_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg32_Pardavila_marquesina.jpg