O conxunto infantil do Cidade de Narón lidera a liga galega autonómica tras seis partidos disputados.
A categoría base intanfil do conxunto naronés dirixida por Bruno Garcia mantense outra xornada mais no cume da clasificación do campeonato de liga tras o empate a dous goles ante "O Parrulo". As futuras promesas do Cidade de Narón futsal estan dando a sua mellor versión para tentar conseguir o titulo de liga.
Non basta só con manterse no mais alto da taboa, senon que as estadísticas que están a ter son impresionantes. A cantidade de goles que levan ao seu favor é algo a ter en conta para todos os equipos, pero non se pode esquecer a pouca cantidade de goles encaixados na porteria de Noel e de Marcos. O máximo goleador do equipo "Dani" tamén se manten na loita polo "pichichi" na segunda posición con 13 tantos.
A próxima xornada de liga é moi importante para dar un golpe sobre a mesa xa que o infantil naronés enfrentase ao terceiro clasificado, o "Academia Red Blue 5 Coruña" o vindeiro domingo as 16:00 H no pavillón municipal de "A Gandara".
Plantel:
Marcos,Noel,Meki,Nacho,Hugo,Dani,Abraham,Vicente,David,Sergio e Gabriel.