Brais vs Zamora

O Cidade de Narón logrou un empate a domicilio para sumar un punto de ouro a clasificación de liga.

O conxunto naronés viaxaba no dia de onte a terras vallisoletanas con motivo da undécima xornada do campionato nacional de liga da segunda división b grupo primeiro coa menta posta nos tres puntos.

 

O equipo chegaba ao pavillón de Fuente la Mora coas ganas de salir á pista. Tras o imprevisto de non contar con Guille por molestias no abductor, o equipo tomabase o partido como unha final, tendo que sacar algo positivo da visita ao Universidade de Valladolid.

 

O partido comezaba con moita calma para ambos conxuntos xa que os dous necesitaban os tres puntos. Os locais dominaban con claridade a primeira parte a pesar das tentativas do Cidade de Narón de querer dominar o xogo con posesións de balón moi longas. Ao descanso, o marcador electrónico do pavillón pucelano reflexaba o dous a un para os locais.

 

A segunda metade deu unha volta total ao visto na primeira, era o Cidade de Narón o que salía a polos tres puntos como xa viña facer a Valladolid. Os de Javier Albes non se rendiron ata o bocinazo final e conseguiron o empate a tres goles. Este punto ben moi ben ao equipo naronés xa que todo o que sexa sumar é positivo.

 

O próximo partido do Cidade de Narón será o Sabado 9 de Decembro as 18:00 H en "A Gandara" ante Cuellar.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg05_logo_abanca.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg10_logo_clinica_brage.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg24_O.Ponto_marquesina.jpg25_Cardifer_marquesina.jpg28_Salmantina_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg32_Pardavila_marquesina.jpg