Torneo Club del Mar-2017

A canteira do Cidade de Narón brila no Torneo de Nadal-Reis do Club do Mar

 

Os equipos Prebenxamín, Benxamín e Infantil alzábanse co triunfo nas súas respectivas categoría, mentres que o Cadete quedaba Subcampeón e o equipo Alevín caía na fase de grupos

 

Narón, 31 de decembro de 2017.- A Escola de Fútbol Sala Cidade de Narón converteuse este fin de semana na auténtica protagonista do IX Torneo de Nadal-Reis “Cidade da Coruña”, que organiza cada ano o Club do Mar, ao facerse con catro dos cinco galardóns que se disputaban. Os equipos Prebenxamín, Benxamín e Infantil volvían a Narón co trofeo de campións nas súas respectivas categorías, mentres que os Cadetes facíanse co subcampionato tras caer na final na tanda de penaltis. O equipo Alevín non conseguía superar a fase de grupos pese a despregar un excelente xogo.

 

A Xunta Directiva do Cidade de Narón quere subliñar o excelente trato dispensado por parte do Club do Mar á expedición naronesa e agradecer tanto a técnicos como a xogadores da EFS o excelente nivel exhibido nesta novena edición do Torneo de Nadal-Reis, á vez que lles desexa un Feliz Ano 2018.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg