20180727 Club completo 2017-2018

O club reforzará a súa presenza nas redes sociais coa incorporación de Bruno Penas, que será o encargado de mantelas ao día

Cidade de Narón inicia a pretemporada coas miradas postas no Campionato de Liga

O Director Deportivo e Adestrador do primeiro equipo, Javier Albes, subliñou o traballo que se está realizando desde a entidade para reforzar toda a estrutura organizativa e deportiva do club e destacou o excelente labor desenvolvido na EFS durante a pasada tempada

Narón, 27 de xullo de 2018.- O Cidade de Narón arrincará a pretemporada nos próximos días. E farao cunha intensa programación de adestramentos co obxectivo de chegar nas mellores condicións físicas ao comezo da Liga da Segunda División B do Fútbol Sala Nacional. Un total de 14 xogadores poñeranse ás ordes do técnico Javier Albes antes do arranque ligueiro, un deles procedente do equipo xuvenil.

Precisamente, o Director Deportivo e Adestrador do primeiro equipo destacaba esta mañá “a calidade dun persoal novo en idade pero que malgasta empuxe, profesionalidade e bo facer”. “Estou convencido de que este equipo vainos a dar moitas alegrías esta tempada” aseguraba Albes Testa, á vez que garantía que “o Cidade de Narón sairá a por todas no Campionato de Liga 2018-2019”. Ao fío disto, avanzaba que o club ten previsto ir dando a coñecer os nomes dos xogadores que conformarán o persoal do primeiro equipo a partir da próxima semana.

Excelente traballo da base

Javier Albes tamén quixo ter esta mañá unhas palabras de recoñecemento para todos os técnicos e xogadores que na tempada 2017-2018 defenderon as cores do Cidade de Narón. “fixeron un labor estupendo, desde Biberóns ata Xuvenís e esta é o xeito na que queremos seguir crecendo- afirmaba - potenciando e fortalecendo nosa base cun traballo coordinado e homoxéneo”.

Nesta liña destacaba o esforzo que a actual directiva está realizando para mellorar todas as áreas do club, “fidelizando uns patrocinadores sen os cales sería moi complicado estar onde estamos” e incorporando sabia nova, tanto a nivel orgánico como deportivo.

Potenciar as redes

Dentro deste proxecto para fortalecer o Cidade de Narón, o club acaba de incorporar ao seu organigrama a Bruno Penas. El será o encargado de incrementar a presenza do Cidade de Narón nas diferentes redes sociais e para iso o club incorporará Instagram á súa oferta comunicativa.

Desde a Xunta Directiva queren darlle a benvida a Bruno Penas á gran familia do Cidade de Narón e desexarlle os maiores éxitos.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg