Esteo-Cidade web

O Cidade de Narón lévase o derbi fronte ao O Esteo

Os visitantes derrotan ao equipo pontés por 0-2.

O Cidade tivo que lidiar coa lesión de Iván que condicionou toda a segunda metade.

Narón, a 06 de outubro de 2018.- Partido moi disputado o que puidemos ver na noite do venres na localidade de As Pontes. O Cidade mantivo a intensidade e o traballo defensivo ao longo de todo o encontro o que o decantou ao seu favor.

O inicio de partido foi de tenteo para ambos equipos, con defensa en media cancha, posesións curtas e buscando situacións de 1 para 1. Nesta primeira parte a maioría das ocasións foron para O Esteo especialmente con xogadas de estratexia e balóns ao espazo ao xogador máis avanzado que foi en case todo momento Pana. O Cidade trataba de defenderse e soubo aproveitarse do xogo de pívot xerando varias ocasións grazas a esta onde chegou o único gol desta primeira metade obra de Iván San Emeterio cun tiro desde a frontal. A partir de aquí o Cidade de Narón dispuxo de dous tiros exteriores tras estratexia que non conseguiron culminar. Pola súa banda O Esteo estivo a piques de poñer o empate a través de Durán que estrelou o balón no pau.

Na segunda vimos un partido máis aberto pero sen demasiado ritmo. O Cidade seguía co mesmo sistema de defender en media cancha con xogo moi directo en ataque cedéndolle o balón a O Esteo que buscaba un bo 1x1 para conseguir o empate. A partir de entón un dos grandes protagonistas foi o porteiro visitante, Alberto Niceto que salvou un man a man nas botas de Pana e un tiro próximo de Bruno. Con todo o Cidade tamén dispuxo dunha boa ocasión na que Javichu conseguía adiviñar as intencións de Buján e evitar o segundo dos naroneses. O partido achegábase á recta final onde o equipo de Albes nunha contra sacada por Buján que busca a Brais ao segundo pau, pero este sofre un agarron de Durán que ve a segunda amarela, é expulsado e ademais provoca un penalti en contra para o seu equipo. Buján conseguiu bater a Javichu desde o punto de penalti e de aquí en diante O Esteo buscou a remontada á desesperada empregando o porteiro-xogador. Ao final varias ocasións de O Esteo de tiro exterior e algun lanzamento desde o seu propio campo do Cidade de Narón pecharon a xusta vitoria visitante no partido pertencente á cuarta xornada de liga.

Ficha técnica:

O Esteo: Javichu, Alex Durán, Pana, Rober, Jacobo. Tamén xogaron: Hector, Ayalita, Brunito, Dani e Troncho.

Cidade de Narón: Alberto, Iván, Diego, Brais e Buján. Tamén xogaron: Iago, Bertito, Guille e Mario.

Goles: 0-1, min. 5: Iván; 0-2, min. 34: Buján

Árbitros: Roberto Amor e Mario Salinas. Amonestaron a Jacobo e expulsaron a Durán por dobre amarela para O Esteo.

Pavillón: Pavillón Municipal de As Pontes (As Pontes).

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg