Cidade-Santiago de Sama-2 web

O Cidade de Narón faise cos tres puntos ante o Santiago de Sama

Cuarta vitoria dos de Narón que superaron aos asturianos por un 4-2

Guille foi un dos xogadores destacados anotando dous goles

Narón, a 13 de outubro de 2018.- O Cidade de Narón consegue sumar unha nova vitoria nun partido moi importante en casa ante a súa afección tras unha longa loita contra un gran equipo.

Na primeira metade os locais contaron con numerosas ocasións para adiantarse pero que non se conseguiron materializar, notándose as ausencias coas que partía o equipo para este encontro.

Na segunda metade os visitantes metéronse no partido e intentaron chegar á portería defendida por Arriví de forma máis numerosa e é aquí cando conseguiron adiantarse no marcador aproveitando unha desafortunada xogada en banda dos locais. Pouco tardaría en reaccionar o club naronés que un minuto máis tarde facía o empate, obra de Guille. A partir de aquí os pupilos de Albes déronlle calma ao encontro permitindo traballar xogadas de estratéxica en banda e saída de presión que deron resultado permitindo chegar aos últimos minutos cunha vantaxe que os visitantes intentaron reducir con porteiro-xogador sen éxito.

Grazas a esta vitoria o Cidade de Narón mantense nos postos altos da táboa e xa pensan no partido da próxima semana que lles enfrontará ao Deporcyl Guardo FS.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Arriví, Brais, Diego, Iago e Buján. Tamén xogaron: Guille, Mario, Rubén, Jaime e David.

Santiago de Sama FS: Pelayo, Marquez, Choki, Dani e Chino. Tamén xogaron: Saul, Fredy, Manute, Valdés e Javi.

Goles: 0-1, min. 24: Chino; 1-1, min. 25: Guille; 2-1, min. 32: Guille; 3-1, min. 35: Diego; 4-1, min. 38: Buján; 4-2, min. 39: Saul.

Árbitros: Pablo Coello e Borja Darriba. Amoestaron a Javi e Fredy do Santiago de Sama FS.

Pavillón: A Gándara (Narón)

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg