Cidade-Ventorrillo web

O Cidade de Narón cae derrotado fronte ao Ventorrillo FS

O partido que se decidiu nos minutos finais terminou cun 1-3.

Narón, a 28 de outubro de 2018.- O Cidade de Narón que se enfrontaba nesta sétima xornada de liga o Ventorrillo FS non conseguiu materializar unha nova vitoria en casa, malia ser un partido moi disputado onde non houbo ningún dominador claro.

Na primeira metade, ambos equipos saíron con defensa en media cancha tendo algo máis de control do balón os pupilos de Albes. Malia isto sucedíanse as ocasións para ambos equipos onde os visitantes tiveron dous contraataques nos primeiros minutos que non conseguiron materializar, así como o “Cidade” que tamén dispuxo doutras dúas ocasións claras de gol nos pés de Rubén e Brais. O equipo herculino seguía intentándoo con xogo moi directo ao pívot desde o seu porteiro conseguindo xerar algún corner ou saque de banda. Nun bo contraataque, Brais consegue o 1-0 cun gran tiro exterior e así abrir o marcador.

Na segunda parte, ambos equipos continuaban coa tónica anterior aínda que o Ventorrillo decidía adiantar a liña. Nos primeiros minutos desta segunda parte, Diego dispón dunha ocasión moi clara de gol desde a frontal do área. Posteriormente nun corner a favor dos locais, Buján dispara de volea, pero esta rebota en Matos que sae á contra superando a súa marca e situando o balón no segundo pau a Alberto poñendo o empate no marcador.

O 1-2 chega uns minutos máis tarde tras un despexe de Diego que chega a un xogador visitante, golpeando na cara de Iago o seu disparo e desviando o balón cara á portería. Case sen tempo para recuperarse os locais encaixan o terceiro gol tras un saque de banda e posterior golpeo exterior que Anxo, dentro do área, introduce o balón. Nos últimos minutos o Cidade de Narón inténtao con porteiro-xogador pero non conseguiron evitar a derrota.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Arriví, Iván, Diego, Brais e Iago. Tamén xogaron: Rubén, David, Buján e Mario.

Ventorrillo FS: Buxía, Anxo, Martín, Aitor e Matos. Tamén xogaron: Juan Cruz, Andresín, Alberto, Berto, Jaco e Johnny.

Goles: 1-0, min.10: Brais; 1-1, min. 24: Alberto; 1-2, min. 34: Iago (p.p); 1-3, min. 36: Anxo.

Árbitros: Bernardo Carrera, Gael García e Yolanda Fernández. Amonestaron a Iván e Buján do Cidade de Narón e a Juan Cruz e Matos para o Ventorrillo FS.

Pavillón: Complexo Deportivo Municipal da Gándara

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg