David gol web

O Cidade de Narón avanza de rolda na Copa Galicia

Os naroneses derrotaron a O Esteo por 3-4.

Narón, a 7 de novembro de 2018.- Vitoria sufrida a que obtiveron esta tarde en As Pontes os pupilos de Javier Albes que tiveron que repoñerse tras ir en dúas ocasións por baixo no marcador.

Na primeira parte, a posesión estivo repartida entre ambos equipos onde os visitantes buscaban liberarse das acometidas de O Esteo mediante xogo de pívot mantendo a presión en tres cuartos obrigando aos locais a circular moito o balón. O primeiro gol do partido anotáballo O Esteo tras unha contra. Pouco tardou en reaccionar o equipo naronés que por mediación de Iván, facía o empate. Nos minutos finais desta primeira metade, Guille sería protagonista en numerosas ocasións xa que nun infortunio tras un corner, introduce o balón na súa propia portería e fixo que os locais volvésense a adiantar no marcador, pero o xogador naronés sobrepoñeríase a este erro minutos máis tarde volvendo poñer o empate tras unha gran contra levada por Iván. Con isto chegouse ao final da primeira parte onde o Cidade perdía a Buján tras ser expulsado.

Os primeiros minutos da segunda metade foron moi intensos xa que o Cidade de Narón tiña que defenderse cun menos debido á expulsión de Buján. Malia a inferioridad, os de Albes conseguían adiantarse tras un bonito gol de Diego de volea. A partir de aquí os ponteses intentárono con accións indiviudais mentres que o Cidade defendía máis atrás para saír á contra conseguindo o cuarto, obra de David. Nos últimos minutos, os locais conseguiron reducir diferenzas e tiveron opción de conseguir o empate con dúas ocasións moi claras que non conseguiron materializar.

O Cidade de Narón xa espera rival nos cuartos de final que sairá do partido que disputarán o Villalba FS e O Parrulo FS.

Ficha Técnica:

O Esteo: Javichu, Cokito, Alex Durán, Rober e Jacobo. Tamén xogaron: Ayalita, Dani, Brunito, Troncho e Pana.

Cidade de Narón: Alberto, Iván, Diego, Brais e Buján. Tamén xogaron: David, Bertito, Iago e Guille.

Goles: 1-0, min.9: Ayalita; 1-1, min. 14: Iván; 2-1, min. 16: Guille (p. p); 2-2, min. 18: Guille; 2-3, min. 28: Diego; 2-4, min. 30: David; 3-4, min. 33: Pana.

Árbitros: Jose Manuel Carreira e Borja Moreira. Amoestaron a Diego, Albes (adestrador), Óscar (delegado) e expulsaron por dobre amarela a Buján para o Cidade de Narón.

Pavillón: Municipal de As Pontes.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg