O Cidade de Narón recibe este sábado ao líder
O partido disputarase o sábado ás 18:00 no Pavillón da Gándara
Narón, a 9 de novembro de 2018.- Este fin de semana, e con motivo da novena xornada de liga, o club naronés recibe ao Pizarras Tres Cuñados, que ocupan a primeira praza tras un arranque de liga fulgurante. Si hai algo no que destaca o seu persoal sería nas grandes calidades que teñen en situacións de transición, o que obrigará aos locais a xogar un partido moi ordenado.
En canto ao Cidade de Narón, xa se atopan todos os efectivos recuperados do intenso partido fronte a O Esteo da Copa Galicia chegando a este novo enfrontamento ligueiro nun gran momento de forma. Para este partido, o técnico naronés, Javier Albes poderá contar con todos os seus xogadores fóra diso Mario que segue de baixa por molestias así como Rubén que é dúbida debido a un proceso gripal.
Espérase unha bonita tarde de fútbol sala na Gándara sumándose ao partido do primeiro equipo o encontro tanto do Infantil de Liga Galega ás 16:00 e o Cadete de Liga Galega (20:00 horas), ambos contra O Parrulo FS.