Brais-Pizarras web

O Cidade de Narón derrota de forma contundente ao líder da categoría

Os locais realizaron un gran partido levándose a vitoria por un abultado 6-1

Narón, a 10 de novembro de 2018.- Na tarde do sábado, o Cidade de Narón vencía ante a súa afección ao Pizarras Tres Cuñados, ata entón líder da táboa clasificatoria e que viña de realizar un gran arranque de tempada.

Gran partido en liñas xerais dos pupilos de Javier Albes que desde os primeiros compases do encontro despregaron un xogo moi eficaz xerando numerosas ocasións, onde a efectividad que faltou nalgúns partidos, fixo acto de presenza.

Durante os primeiros vinte minutos, os locais conseguiron saír da presión de balón conseguindo neutralizar aos grandes xogadores dos que dispón o Pizarras Tres Cuñados nun para un permitindo ao Cidade dominar e levar o ritmo do partido o que permitiu chegar ao descanso cun 3-0 a favor dos de Narón. Destacar que nunha acción fortuita, o porteiro local, Javier Arriví sufría un golpe nun dedo o que obrigaba a Albes a substituílo por Alberto Niceto que realizou algunha intervención de mérito.

Durante a segunda metade, o partido desenvolveuse da mesma forma que nos primeiros vinte minutos onde o Cidade conseguía aumentar a súa vantaxe cun gran gol de Brais. Pouco despois os visitantes recortarían diferenzas cun gran tiro cruzado pero isto non lles permitiu tomar o control do partido, pois o Cidade de Narón seguía moi ben plantado defensivamente. Faltando sete minutos para o final, o Pizarras Tres Cuñados saía con porteiro-xogador pero non conseguían achegarse no marcador aos locais.

Con esta vitoria o Cidade de Narón volve recuperar a senda da vitoria en liga e atópase cunha gran confianza tras sumar dúas vitorias en menos de cinco días.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Arriví, Iván, Buján, Iago e Guille. Tamén xogaron: Diego, Brais, David, Bertito, Jaime e Alberto.

Pizarras Tres Cuñados: Vedo, Dilin, Bruno, Durán e Bencho. Tamén xogaron: Juanma, Javi, Raul, Cris, Josiño, David e Maelo.

Goles: 1-0, min.10: Diego; 2-0, min. 15: Iago; 3-0, min. 18: Dilin (p.p); 4-0, min. 29: Brais; 4-1, min. 29: Bruno; 5-1, min. 31: David; 6-1, min. 37: Buján.

Árbitros: Roberto Amor e Raquel Manteiga. Amoestaron a Arriví, Guille, Diego e Bertito para o Cidade de Narón e a Bruno, Raul, Dilin, Juanma, David e Bencho para o Pizarras Tres Cuñados. Expulsaron con vermella directa ao delegado do Pizarras, Amancio Fernández.

Pavillón: Pavillón Municipal da Gándara.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg