Ivn Boal web

O Cidade de Narón vence ao FS Boal por un contundente 7-2

Con esta vitoria o equipo afiánzase na terceira posición da clasificación

Narón, a 8 de decembro de 2018.– Os pupilos de Javier Albes lograban a cuarta vitoria consecutiva encadeando a súa mellor serie desde o comezo da tempada.

Un gran inicio de partido dos locais que comezaban moi sólidos na presión o que facía que o FS Boal non sentise cómodo impedindo que levasen a posesión e o peso do partido chegando nos primeiros minutos dous goles locais.

Pouco máis tarde, nuns minutos tolos sucedéronse tres goles en pouco máis dun minuto, cando os asturianos aproveitaron un erro na defensa naronesa propiciado por un exceso de confianza, para poñer o 2-1 no marcador. A pesar deste gol, os locais conseguiron ampliar a diferenza ata chegar ao descanso cun colchón de dous goles de diferenza (4-2).

Na segunda metade o peso total do partido foi a parar a pés dos locais que realizaron un gran labor defensivo cumprindo co trámite de manter o resultado ampliando en tres goles máis a diferenza. Os visitantes tiveron a opción de reducir diferenzas nos minutos finais cun dobre-penalti que liquidaría cunha gran intervención Alberto Niceto.

A próxima semana o equipo viaxará a León para enfrontarse ao Puertas Deyma en busca dunha nova vitoria que lles permita aproximarse aos dous primeiros clasificados.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Alberto, Guille, Brais, Iago e Iván. Tamén xogaron: David, Bertito, Buján, Diego, Mario e Rubén.

FS Boal: Marcos, Adri, Fredi, Santi e Jonas. Tamén xogaron: Vilen, Borja e Christian.

Goles: 1-0, min. 3: Guille; 2-0, min. 7: David; 2-1, min. 13: Santi; 3-1, min. 13: Guille; 3-2, min. 14: Santi; 4-2, min. 19: Diego; 5-2, min. 25: David; 6-2, min. 28: Iván; 7-2, min. 37: Jonas ( p. p)

Árbitros: Alfredo Castro e Miguel Sierra. Mostraron Tarxeta Amarela a Bertito e a Iago polo Cidade de Narón e a Fredi e Marcos polo FS Boal.

Pavillón: Complexo Deportivo Municipal da Gándara

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg