Iago Xove web

O Cidade de Narón pecha a primeira volta con vitoria fronte ao Xove FS

O conxunto de Javier Albes impúxose aos lucenses por un 3-1.

O gran protagonista da tarde foi Iván San Emeterio que anotou os tres goles locais

Narón, ao 22 de decembro 2018.– Partido moi disputado o que se viviu na tarde do sábado onde o Cidade de Narón volvía á senda da vitoria ante un rival directo como o Xove FS.

Nos primeiros dez minutos da primeira metade vimos un partido de ida e volta con moito respecto entre ambos os equipos e poucas ocasións de gol ata que cun tiro axustado desde fóra da área Iván San Emeterio rompía a igualdade no marcador. Poucos minutos máis tarde un erro local propiciaba unha contra a favor dos lucenses que poñían o empate no electrónico co que nos iriamos ao descanso.

Na segunda parte ambos os equipos saíron máis agresivos pero foi o conxunto naronés quen se adiantaba no marcador por mediación de Iván San Emeterio que poucos minutos máis tarde lograría tamén o 3-1.

O final do partido non estivo exento de polémica tras unha expulsión a Brais obrigando ao Cidade de Narón a defender con 4 xogadores pero saíron indemnes deste contratempo.

Faltando tres minutos o Xove tentaríao con porteiro–xogador chegando mesmo a ter un dobre–penalti, pero Niceto detívoo de forma maxistral.

Con esta vitoria o conxunto naronés márchase de vacacións do Nadal consolidado na terceira praza. O próximo encontro ligueiro fronte ao Sala Ourense abrirá a segunda volta da liga regular.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Niceto, Iván, Diego, Buján e Iago. Tamén xogaron: Brais, Bertito, Mario, David e Guille.

Xove FS: Pulido, Marcos, Manu, Juanpe e Nete. Tamén xogaron: Sergio Cora, Bruno de Nois, Pancho, Mini, Souka e Samuel.

Goles: 1-0, min. 17: Iván, 1-1, min. 18: Mini; 2-1, min. 22: Iván; 3-1, min. 35: Iván.

Árbitros: Eduardo Curral e Rubén Vieito.

Amoestaron a Buján e expulsaron por dobre amarela a Brais para o Cidade de Narón e a Marcos, Nete, Mini, Manu, Samuel, Souka e Bruno de Nois por parte do Xove FS.

Pavillón: Pavillón Municipal da Gándara.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg