Brais celebracin web

O Cidade de Narón inicia con vitoria a segunda volta

Derrotou na tarde do sábado ao Sala Ourense por 2-1

Narón, ao 12 de xaneiro de 2019. – Partido moi disputado o vivido esta tarde na pista da Gándara entre dous rivais directos na loita polos postos altos da táboa.

No primeiros vinte minutos os locais conseguiron saír máis enchufados e apertaban ao equipo ourensán con numerosas xogadas dun para un e ataques apoiándose no pivot provocando varios corners e saques de banda próximos á portería de Rubén. O primeiro gol chegaría precisamente tras unha xogada ensaiada de saque de banda na que Brais consegue enganar aos contrarios cun gran simulacro e bate ao porteiro cun bo disparo.

Tras o gol, os naroneses subiron a presión, mentres que o Sala Ourense buscaba provocar perigo con balóns en longo desde o porteiro. Foi así como nos minutos finais da primeira parte, chegaba o gol do empate visitante tras un fallo no despexe da defensa do Cidade de Narón.

Na segunda metade seguiuse a mesma tónica do primeiros vinte minutos cun Sala Ourense menos replegado atrás subindo liñas contando con máis posesión que na primeira parte obrigando ao Cidade de Narón a aumentar o seu traballo defensivo.

O gol definitivo chegaría de novo nunha xogada de banda onde Iván bríndalle unha asistencia ao pé a Brais que unicamente ten que empuxala de primeiras.

De aquí ao final, os locais dedicáronse a manter o resultado algo que tratou de evitar o equipo da cidade termal con varias ocasións dentro da área e chegando a sacar porteiro – xogador no últimos tres minutos pero non conseguiron reverter a situación e os tres puntos quedaron en Narón.

A próxima semana o Cidade de Narón visita a pista do Albense FS onde buscarán repetir a vitoria que conseguiron na primeira volta por 4-3.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Alberto, Diego, Brais, Iago e Bertito. Tamén xogaron: Iván, Guille, David e Mario.

Sala Ourense: Rubén, Tizón, Dani, Araujo e Alli. Tamén xogaron: Igor, Martín, Óscar e Guede.

Goles: 1-0: Brais; 1-1: Tizón; 2-1: Brais.

Árbitros: Raquel Manteiga e Manuel Dans. Amoestaron a Guille para o Cidade de Narón e a Dani para o Sala Ourense. Expulsaron a Martin por dobre amarela para o Sala Ourense.

Pavillón: Pavillón Municipal da Gándara.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg