Albes Santiago de Sama web

O Cidade tráese tres puntos de Asturias e se aúpa á terceira posición da táboa

Brais, Iago e Iván foron os goleadores da xornada.

O equipo naronés recibirá a próxima xornada ao Guardo, segundo clasificado.

Narón, 23 de febreiro de 2019.- Partido moi disputado o que xogaron esta tarde no polideportivo asturiano dos Llerones (Sama de Langreo) o Cidade de Narón e o Santiago de Sama. Un encontro no que o equipo naronés soubo repoñerse a un gol temperán do equipo asturiano para traerse finalmente os tres puntos a casa. A vitoria desta tarde permite á escuadra que dirixe Javier Albes levantarse ata a terceira posición da táboa clasificatoria e prepararse para recibir dentro de quince días, que será cando se dispute a próxima xornada, ao Guardo, segundo clasificado.

O encontro iniciábase cun Cidade que gozaba coa posesión do balón. Con todo, un gol de estratexia de córner do Santiago que materializaba Fredy permitía aos asturianos coller confianza e facerse coa posesión do balón. Con todo, o Cidade non baixou os brazos e decidiu subir as súas liñas para presionar ao Santiago de Sama. Esta maior intensidade no xogo naronés deu como froitos varios ocasións claras de gol que non chegarían a materializarse: unha de Mario ao segundo pau que sairía fóra e un man a man de Iván que sae rozando o pau. Así chegaríase o descanso. Cun marcador de 1-0 a favor do equipo local.

Pero a segunda parte comezaba cun Cidade enchufado que, aproveitando un balón que Iván mete a Brais, significaba o primeiro gol para o equipo amarelo. O 1-1 deu máis confianza ao equipo naronés, que se facía ademais coa posesión do balón e que nunha boa xogada individual de Buján en banda que se vira, conduce e mete ao segundo pau, Iago conseguía anotar o segundo gol.

Un Cidade crecido e envorcado no ataque daba como froito o terceiro tanto dos naroneses, nunha xogada desafortunada do equipo local que aproveitaba Iván para bater ao porteiro asturiano.

Con 1-3 no marcador, os pupilos de Albes souberon administrar a vantaxe conseguida ata que nunha falta que pitaba o árbitro ao bordo da área cando faltaban poucos minutos para o asubío final, os asturianos achegáronse no marcador cun novo tanto de Fredy. Ao final, 2-3, vitoria para o Cidade de Narón que se volve para casa con tres puntos que lle dan confianza ao equipo e que o devolven á terceira posición da táboa. A próxima xornada o Narón medirase co segundo clasificado, o Guardo e farao segundo subliñaba Javier Albes ao finalizar o encontro desta tarde “con moi boas sensacións”.

Ficha técnica:

Santiago de Sama: Pela, Márquez, Chinés, Choky e Dani. Tamén xogaron: Javi, Fredy, Saúl, Valdés e Julio.

Cidade de Narón: Arriví, Buján, Diego, Iván e Guille. Tamén xogaron: Rubén, Brais, Iago, Mario, Jaime e Alberto.

Goles: Fredy (2) por Santiago de Sama. Brais, Iago e Iván por Cidade de Narón.

Árbitros: Marco García e Miguel Trueba, de Cantabria. Amoestaron a Pela, Márquez, Julio, Dani e Javi por Santiago de Sama, e a Arriví e Guille por Cidade de Narón.

Pavillón: Polideportivo Los Llerones (Sama de Langreo – Asturias).

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg