Cidade-Guardo web

O Cidade de Narón cae derrotado ante o Deporcyl Guardo

A falta de acerto dos locais ante os tres paus castigou en demasía a un Narón que mereceu moito máis.

Narón, 9 de marzo de 2019.- Non puido ser. O Cidade de Narón caeu derrotado esta tarde no Pavillón Municipal de Narón ante o Deporcyl Guardo. O encontro, que enfrontaba ao segundo e ao terceiro clasificado presentouse complicado para os locais desde o inicio pola intensidade que o club palentino imprimiu desde o minuto uno de partido. Ao final 0-6 a favor do Guardo ante un Narón que mereceu moito máis pero que non soubo cristalizar as numerosas ocasións que tivo ao longo do choque.

Comezaba o encontro coas arremetidas da escuadra de Palencia, que eran resoltas con acerto por Arriví. Mentres o equipo amarelo non presionaba con claridade e concedía situacións de transición que deixaban moi aberto o partido. O primeiro gol chegaría tras un rexeitamento de Arriví que aproveita Iván para meter entre os tres paus. Mentres, na área contraria Gómez ten dúas boas actuacións baixo portería que dan confianza ao seu equipo, que aumenta a vantaxe tras un tiro de falta frontal que materializa Beto. Así finalizaría a primeira parte, cun dous cero a favor do Deporcyl Guardo e uns últimos minutos con menor ritmo e intensidade como consecuencia das cinco faltas que acumulaban cada unha das escuadras.

A segunda parte arrincaría cun Cidade máis intenso na presión. Un Narón que pon en apretos ao porteiro palentino tras unha asociación perfecta de Brais con Iván que falla nun un contra un. Pola súa banda, o Guardo sacódese a continuación do encontro cun tiro ao pau. Con todo, unha perda de Buján na frontal permite a Beto de novo poñer o 0-3 no marcador e poñer ao Cidade contra as cordas. É entón cando Guardo toma as rendas do choque e pasa a dominar na posesión e a crear máis ocasións.

Tentaríao o club naronés cun 5 contra 4 xerando varias ocasións de gol, pero sería o Guardo quen finalmente as converte e sentenza en dúas xogadas de córner e nun gol tras roubar o balón no intento do Cidade de marcar con porteiro xogador.

Bo partido do Deporcyl Guardo que mostrou todas as súas armas en Narón. Un Cidade que non mostrou toda a capacidade de traballo que lle caracteriza e que resultou castigado en demasía.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Arriví, Guille, Iago, Iván e Buján. Tamén xogaron: Diego, Brais, David, Mario e Jaime.

Deporcyl Guardo FS: Gómez, Beto, Kuin, Chochy e Rober. Tamén xogaron: Iván, Albert, Cifu e Davicín.

Goles: 0-1 Iván (min. 5); 0-2 Beto (min.14); 0-3 Beto (min.26); 0-4 Kuin (min. 31); 0-5 Davicín (min. 33); 0-6 Chochy (min. 38).

Árbitros: Álvaro Cueto e Abel Molinero, de Asturias. Amoestaron a Rober, Beto e Chochy, por Guardo FS.

Pavillón: Complexo Deportivo Municipal da Gándara (Narón – A Coruña)

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg