Ventorrillo-Cidade-web

O Cidade suma tres puntos en Coruña grazas aos goles de Buján e dos canteiráns Guille, Iván e Mario

Partido moi serio dos naroneses que lograron poñerse con 1-5 no marcador a escasos minutos do final do encontro e que o mantén na terceira posición. O equipo naronés recibirá en casa a próxima xornada ao Valladolid.

Narón, 16 de marzo de 2019.- O Cidade de Narón venceu e convenceu esta tarde no polideportivo coruñés do Ventorrillo tras impoñerse por 3 a 5 aos seus inmediatos perseguidores na táboa clasificatoria, o Uv Ventorrillo FS. Os canteiráns Guille, Iván e Mario, que perforou a meta coruñesa ata en dúas ocasións, e Buján foron os goleadores dun choque no que o Cidade chegou a ter ata catro goles de vantaxe. A vitoria desta tarde mantén ao Cidade na terceira posición.

O encontro arrincaba con pouco ritmo por parte das dúas escuadras, predominando o xogo a media cancha. Mentres o equipo local xeraba varias ocasións en segundas xogadas tras accións individuais, o Cidade de Narón carecía de profundidade no ataque e custáballe crear perigo ao meta local.

O primeiro gol chegaría tras unha acción individual de Matos que desvía David marcando en propia porta. O 1-0 imprime máis ritmo ao partido, cun Cidade que busca o empate e un Ventorrillo que cada vez sente máis cómodo na cancha xogando ao contrataque. E é precisamente neste escenario cando se produce o empate do equipo naronés, tras unha xogada de estratexia que finaliza Iván de saque de banda. Non tardaría moito en chegar o segundo gol dos amarelos, tras unha acción de córner que finaliza Mario de tacón a pase de Buján. Así se chegaba ao descanso, cun 1-2 no marcador e un Cidade que viña arriba.

A segunda parte comezaba de maneira moi diferente a como o fixese a primeira: cun equipo amarelo moito máis cómodo, que gozaba xogando o balón e que xeraba moitas situacións de córner e banda próxima. Tanto é así que tras unha xogada colectiva, Guille anota o 1-3.

Un gol que xera moita confianza no equipo naronés e que o converte o dominador absoluto do encontro. O 1-4 é obra de Mario, que golea a Buxía a porta baleira tras unha excelente asistencia de Buján. Con este marcador, o equipo local decide arriscarse con porteiro xogador e consegue xerar varios tiros desde o exterior, pero Buján aumenta a distancia tras executar un dobre penalti.

Os últimos minutos serviron aos de casa para recortar distancias. Cun Ventorrillo que continuaba xogando con porteiro xogador e un Cidade que baixaba un pouco a intensidade defensiva, os locais lograron anotar o 2-5 e, sobre a bucina o 3-5 final.

Ao remate do encontro, o técnico naronés, Javier Albes, destacaba a seriedade dos seus xogadores ao longo dos 40 minutos e o bo ambiente vivido nas bancadas.

Ficha técnica:

UV Ventorrillo FS: Buxi, Aitor, Andresín, Buxía e Matos. Tamén xogaron: Anxo, Berto, Martín, Johnny, Jaco e Juan Cruz.

Cidade de Narón: Arriví, Buján, Diego, Iago e Brais. Tamén xogaron: David, Iván, Guille, Mario e Alberto.

Goles: (1-0) P. P David; (1-1) Iván; (1-2) Mario; (1-3) Guille; (1-4) Mario; (1-5) Buján; (2-5) Matos; (3-5) Buxía.

Árbitros: Francisco José Feliz Otero e Enrique Novoa García, de Ourense. Amoestaron a Aitor, Andresín, Juan Cruz e Matos polo Ventorrillo, e a Iago, Diego e Mario por Cidade de Narón.

Pavillón: Polideportivo Municipal do Ventorrillo (A Coruña).

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg