Pizarras-Cidade web

Derrota do Cidade de Narón no feudo do Pizarras Tres Cuñados  

Os naroneses, que caeron por 6-4, non puideron superar a un equipo ourensán onde as individualidades dos seus xogadores marcaron a diferenza

Narón, 6 de abril de 2019.- Non puido ser. O Cidade de Narón viaxaba esta tarde ata terras ourensás co firme propósito de traerse os tres puntos e de paso, manter a terceira posición da táboa clasificatoria. Pero as individualidades do equipo do Barco decantaron finalmente a balanza a favor dos ourensáns, que superaron ao equipo naronés por 6 goles a 4.

O partido empezaba cos dous equipos ben plantados con defensa a media pista e con moita cautela, onde o Cidade gozaba da posesión do balón e buscaba o xogo co pivote. Mentres o Pizarras tentaba saír á contra e crear accións de perigo dun contra un. Así chegaría o primeiro gol do equipo naronés, obra de Iván no minuto 4. Dous minutos máis tarde sería o xogador ourensán Javi o que igualase o marcador tras recibir de pivote e virarse, batendo a Alberto. Buján sería o encargado de desfacer as táboas no minuto 12, tras recibir un gran pase de Diego ao segundo pau e superar ao porteiro local. O encontro entrou entón nunha fase máis tranquila ata que Durán marca o 2-2 tras un fallo defensivo do Cidade a saque dunha falta que colle o balance defensivo e bate a Alberto.

O Cidade de Narón non baixou os brazos e Mario, despois dun bo contrataque, anotaba un novo tanto para o equipo amarelo. O 2-4 foi obra de Iago á saída dunha contra. Antes de chegar ao descanso aínda habería tempo para dúas xogadas que puideron cambiar o signo do encontro: a primeira foi un tiro de David que saía fóra e a segunda, unha xogada non exenta de certa polémica na que o porteiro local despexaba coa man por alto un tiro de David fose da área. Unha acción que o equipo arbitral decidiu sancionar unicamente con tarxeta amarela. Aínda así, o Cidade chegaba ao descanso do encontro con 2-4 no marcador e moi boas sensacións.

A segunda parte empezaba coa mesma tónica: un Cidade que aguantaba ben a media pista e un Tres Cuñados que o tentaba a base de accións individuais. E serían esas mesmas individualidades as que permitirían que Corzo anotase o 3-4 despois dunha axuda defensiva de Guille en banda que descoida ao seu marcador e o xogador ourensán finalizaba de primeiras nun gran gol.

Co 3-4 o equipo naronés gozaría de dúas ocasións moi boas: unha de Buján en banda, que se plantaba diante do porteiro e que este despexaba moi ben cunha man e a segunda despois dun gol pantasma de Tres Cuñados que collía sen balance defensivo facendo o Narón un catro para dous que non lograba finalizar. O Cidade perdoou e o Pizarras Tres Cuñados aproveitou para poñer o 4-4 no marcador nunha acción individual de Dilín en banda que finalizaba moi ben ao pau longo.

Co empate, o Cidade botouse atrás e as situacións dun para un déronlle bo resultado ao equipo do Barco. Así, o 5-4 chegaría con outra acción de Durán en banda que pegaba ao segundo pau e a pesar de que o Narón pediu un tempo morto para organizar a acción de porteiro-xogador creando dous moi boas ocasións, Dilín conseguiría materializar o 6-4 final a porta baleira.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Alberto, Iago, Diego, Iván e Guille. Tamén xogaron Buján, Mario, Rubén e David.

Pizarras Tres Cuñados: Kiko, Bencho, David, Javi e Bruno. Tamén xogaron Juanma, Corzo, Durán, Dilín e Ezequiel.

Goles: (0-1) min. 4, Iván; (1-1) min. 6, Javi; (1-2) min. 12, Buján; (2-2) min. 15, Durán; (2-3) min. 16, Mario; (2-4) min. 18, Iago; (3-4) min. 29, Corzo; (4-4) min. 35, Dilín; (5-4) min. 37, Durán; (6-4) min. 38, Dilín.

Árbitros: Javier Durán e Iván Bermúdez. Amoestaron a Kike, Javi, Juanma e Dilín polo Pizarras Tres Cuñados e a Diego e Iván polo Cidade de Narón.

Pavillón: Polideportivo de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras).

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg