Cidade-Leis web

O Cidade gaña por un contundente 8-2 ao Leis de Pontevedra

O polideportivo da Gándara acolleu esta tarde un encontro no que os naroneses foron netamente superiores ao longo dos 40 minutos

Iván, con tres dianas; Buján con dous tantos e Mario, Iago e Rubén cun gol cada un foron os goleadores da xornada

Narón, 13 de abril de 2019.- O Cidade de Narón conseguiu esta tarde unha importante vitoria en casa ante un rival, o Leis de Pontevedra, que demostrou unha boa capacidade de xogo colectivo e de presión. A pesar do avultado do marcador final, un 8-2 a favor dos naroneses, o Polideportivo da Gándara acolleu un encontro moi disputado, entre dous equipos que querían xogar a fútbol sala e ter a posesión de balón.

A primeira parte arrincaba cun Leis ben plantado en pista, con bastante intensidade defensiva a nivel de presión e que conectaba moi ben con balón, o que poñía en dificultades ao Cidade. Con todo, os de casa foron entrando aos poucos no partido, con menos ritmo do desexado, pero máis profundidade en ataque.

O encontro empeza a cambiar co tanto anotado por Iago no minuto 3, despois dunha xogada de Iván. Un gol que co que o Leis non vén abaixo, senón que se rearma nunha xogada colectiva moi ben trenzada e de calidade que finaliza Berto no minuto catro batendo a Arriví e que supón o primeiro tanto no marcador dos pontevedreses.

Non sería ata o minuto 11 cando rompesen as táboas no marcador cun bo tanto de Buján. O encontro continua cun Leis con moi bo trato de balón e un Cidade en 3/4 que dificulta a saída de balón dos de Pontevedra. Son minutos nos que o Leis organízase moi ben xogando co pívote e pon en dificultades á defensa do Cidade, pero sen crear gran perigo. O partido entra na recta final da primeira parte e Iván anota o 3-1 a falta de dous minutos para o descanso e como resultado dunha boa xogada. Con todo, aínda quedaría tempo para que o equipo visitante puxese en aprietos aos naroneses a través dunha acción onde dúas dos seus xogadores plántanse ante o meta naronés e que este desbarata despois de aguantar moi ben e bloquear ao segundo pau achicando moi ben o espazo.

A segunda parte do encontro o Cidade continua coa presión ¾ xerando dificultades no xogo ao equipo visitante, que o tenta con balóns ao pívot e xera un perigo controlado polo Cidade. O 4-1 chega no minuto 28, tras unha boa xogada de roubo de Iván que, só ante o porteiro, define á perfección. Leis ségueo tentando pero nunha falta sacada por Buján para que Rubén finalice de tacón ante a saída do porteiro o Cidade sobe o 5-1 ao marcador e a partir de aquí o partido entra noutra dinámica ao sacar o Leis porteiro-xogador. Un Leis con moito menos ritmo, tendo posesión con 5 para catro e cun Cidade en fronte defendéndose ben. Iván pon o 6-1 no marcador no minuto 34 e a partir de aí o partido perde ritmo. O Leis conseguiría anotar o seu segundo tanto tras un rexeite na área naronesa e renunciaría a facer porteiro xogador, pero Mario, no minuto 37, finaliza a portería baleira metendo o 7-2 e no minuto 39 Buján, desde 35 metros, nun balón que vén dividido engancha unha volea e sorprende por alto ao equipo visitante poñendo o colofón a un gran partido do Cidade ante un rival que a pesar do avultado do marcador sempre deu a cara.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Arriví, Buján, Iago, Iván e Guille. Tamén xogaron Rubén, Diego, Mario, Bertito e Fernando Combarro.

Leis Pontevedra: Alex, Miguel, Dani, Sancho e Toño. Tamén xogaron Nico, Lucas, Gabri, Barcala e Berto.

Goles: (1-0) min. 3, Iago; (1-1) min. 4, Berto; (2-1) min. 11, Buján; (3-1) min. 18, Iván; (4-1) min. 28, Iván; (5-1) min. 31, Rubén; (6-1) min. 35, Iván; (6-2) min. 37, Barcala; (7-2) min. 37, Mario; (8-2) min. 39, Buján.

Árbitros: José Luis Sebia e Miguel Santoveña. Amoestaron a Guille, Iván e Buján polo Cidade de Narón.

Pavillón: Complexo Deportivo Municipal da Gándara (Narón).

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg