Almudena web

Nova Xunta Directiva do Cidade de Narón

Desde o club queren recoñecer a José Ramón “Moncho” Padín, Bernardo González e José Luis López o seu traballo e a súa implicación persoal “e sen a que hoxe o Cidade non sería unha dos sinais de identidade do fútbol sala galego” e agradecerlles por adiantado a axuda e colaboración que seguen prestando á entidade a pesar de non ostentar xa responsabilidades directivas.

Narón, 5 de agosto de 2019.- O Cidade de Narón ten nova Xunta Directiva, tras a saída de José Ramón Padín Freire da presidencia despois de cinco anos á fronte da entidade. Xunto a Moncho Padín deixan o seu cargo no equipo directivo Bernardo González Carballeira e José Luis López González, Tesoureiro e Vogal do club, respectivamente. A asociación deportiva estará presidida por Almudena Fariña Gato, quen ata agora viña desempeñando os labores de Secretaria do club. Así pois, a nova Xunta Directiva queda conformada da seguinte maneira: xunto a Fariña Gato seguirá de Vicepresidente Avelino Cinza Novo; da Secretaría encargarase Bruno García Fernández; o novo Tesoureiro será Javier Albes Testa; e nas Vogalías continuarán Ángel Manuel Gómez Paz e Alberto Lago Granada.

Desde o Club queren recoñecer publicamente a Moncho Padín, Bernardo González e José Luis López “o seu traballo e a súa implicación persoal nun proxecto que nacía hai 13 anos e sen cuxa contribución o Cidade non sería hoxe una dos sinais de identidade do fútbol sala galego”. Así mesmo, queren agradecerlles a axuda e colaboración que seguen prestando á entidade a pesar de non ostentar xa responsabilidades na súa Xunta Directiva.

O novo equipo afronta con “ilusión e con responsabilidade” o novo reto “porque o listón quedou moi alto”, aseguran, á vez que avanzan que “traballamos xa nun novo proxecto que ten como obxectivos principais continuar fortalecendo un club que grazas ao traballo dos nosos compañeiros saíntes goza dunha excelente saúde e que seguro dará no futuro moitas alegrías aos seguidores do fútbol sala na comarca”.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg