Pretemporada-1 web

Dous xogadores do equipo Xuvenil comezaron o traballo co primeiro plantel

Cidade de Narón inicia a pretemporada

A escuadra naronesa incorpora ás súas filas ao porteiro Nicolás Vergara e ao xogador Cristian Muiños, mentres que no apartado de baixas, á do meta Javier Arriví, incorporado ao staff técnico do Pozo, súmase a dos xogadores Iago, Pájaro e Buján

Narón, 13 de agosto de 2019.- O Pavillón Campo da Serra acolleu na tarde-noite de onte o arranque da pretemporada do primeiro equipo do Cidade de Narón. Ás 20 horas estaban convocados os xogadores da escuadra amarela para iniciar o traballo de posta a punto para afrontar a tempada 2019-2020 na Segunda División B do Fútbol Sala Nacional. Para iso, o técnico Javier Albes Testa contou coa presenza de 10 xogadores do primeiro plantel e 2 xuvenís, que realizarán a pretemporada co primeiro equipo.

Así pois, os futbolistas que se puxeron onte ás ordes de Albes Testa foron: Alberto Tojeiro “Bertito”, Guillermo Seoane “Guille”, Mario García “Mario”, Iván San Emeterio “Iván”, Diego Vázquez “Diego”, Rubén Cabada “Rubén”, Jaime Díaz “Jaime”, Alberto Niceto Niebla “Alberto”, Nicolás Vergara “Nico” e Cristian Muiños “Chapu”. Precisamente estes dous últimos xogadores, o porteiro Nico e o xogador Chapu representan as novas incorporacións do club naronés para a presente tempada, sen descartar algunha máis antes do inicio ligueiro. En canto aos xuvenís que terán ocasión de traballar xunto ao primeiro equipo serán Diego Rey e o porteiro Fernando   Combarro. Pola súa banda, Brais García “Brais” incorporarase á disciplina do Cidade de Narón a principios de setembro. No apartado de baixas, Albes Testa explicou que, á xa coñecida do meta Javier Arriví, incorporado ao staff técnico do Pozo Murcia, súmanse as de David Pájaro, Iago Otero e Sergio Buján.

Finalmente, o técnico naronés e director deportivo da entidade non ocultou a súa satisfacción “porque esta tempada volvemos contar cun persoal novo, con moitas ganas de traballar e de gañar tamén, polo que esperamos loitar de novo polos postos de cabeza”.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg