A nova directiva da entidade deportiva mantivo una xuntanza coa Alcaldesa da cidade e trasladáronlle os seus proxectos cara ao futuro

Directiva 2020-2021

Narón, 06 de agosto de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no Concello, xunto co concelleiro de Deportes José Oreona, á nova directiva do Club Cidade de Narón de Fútbol Sala.

A nova directiva da entidade deportiva, está composta pola presidenta Almudena Fariña Gato, vicepresidente Avelino Cinza Novo, secretario José Vicente Seoane Rey, tesoureiro Javier Albes Testa, e vocal Roberto Ortega García.

Os representantes da entidade manifestaron o seu agradecemento ao apoio institucional do Concello nesta etapa e expresaron a súa intención de comezar a traballar xa co primeiro equipo a finais do presente mes de agosto. O traballo da tempada co resto de equipos irase preparando en función da situación sanitaria na que se vaia desenvolvendo a vida social e deportiva da comunidade como consecuencia dos efectos da Covid-19 e cómo vaia evolucionando a nivel da sociedade.

Ferreiro reafirmou o apoio do Concello nesta nova andaina ao Club Cidade de Narón e manifestou a súa satisfacción polo impulso que supón sempre o compromiso dunha serie de persoas dispostas a traballar polo tecido deportivo naronés posibilitando a práctica deportiva dunha gran parte da mocidade, promovendo a adquisición de hábitos saudables e valores solidarios de traballo en equipo. A alcaldesa e o concelleiro de Deportes desexáronlle moitos éxitos ao Club Cidade de Narón FutSal e ao novo equipo directivo da entidade.

Fonte: http://www.padroadodeportesnaron.com/web/cat/gal/noticias/get/440

 

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg