O Cidade de Narón suma un punto no seu arranque ligueiro fronte ao Xove

 

DSC 0398

 

 

  • Os naroneses arrastraron a lesión de Iván, na primeira parte do encontro, e a expulsión de Rubén no transcurso da segunda
  • Iván, Rubén e Iago O. foron os encargados de anotar os tantos da xornada
  • A RFGF aproveitou a cita de onte para recoñecer ao equipo Alevín A da pasada tempada 19-20, quen se proclamaba campión da liga local

 

 

Narón, 31 de outubro de 2020.- O Cidade de Narón estreouse onte sábado na pista da Gándara ante o equipo lucense do Xove FS cun empate a tres tantos que soubo a pouco. O encontro, que se celebrou a porta pechada debido á extraordinaria situación que está vivindo a comarca estes días por causa da pandemia, tivo dúas fases completamente diferentes: unha primeira parte onde o Cidade dominou o xogo e alcanzou o descanso cun marcador de 3 tantos a 1; e unha segunda, onde o equipo naronés foise desdibuxando a medida que ían pasando os minutos e que acabou cun reparto de puntos. Os goles foron obra de Iván; Rubén e Iago O.

O Cidade saltaba á pista con Alberto Niceto na portería, Guille, Iván, Diego e Brais, que vestía o brazalete de capitán, no quinteto inicial. Pronto chegaron as primeiras oportunidades para os locais, que se plantaban con descaro ante a meta defendida por Javi Fajardo, ata que no minuto 5, Iván abría o marcador nunha xogada trenzada que o pivot amarelo convertía á perfección. Pese a que os lucenses intentaban frear as embestidas do equipo naronés, dous minutos máis tarde era Rubén o encargado de sumar un novo tanto ao marcador.

O Cidade poñíase por diante cunha cómoda vantaxe que podía ser maior senón fose polo acerto do guardameta do Xove, ata que no minuto 10 Gomes, nunha contra, poñía o 2-1 no marcador. O tanto anotado polo Xove e a lesión de Iván, que nunha xogada fortuita sufría unha forte escorzadura no

seu nocello esquerdo, obrigaron ao técnico local a reorganizar o xogo do conxunto naronés. Uns cambios que darían os seus froitos no minuto 18, no que Iago O. anotaba un novo tanto, o terceiro para os naroneses. Con ese marcador de 3 tantos a 1 chegábase ao descanso.

Na segunda parte, o Cidade non acabou de atoparse cómodo na cancha en ningún momento. A ausencia de Iván impedíalle gañar profundidade no xogo e as xogadas de ataque non chegaban a culminarse de xeito claro. Esta indefinición do club amarelo saldábase no minuto 28 cun ataque do Xove que supoñía o segundo gol dos lucenses, obra de novo de Gomes. Un varapalo para o Cidade que catro minutos máis tarde completábase coa expulsión de Rubén, quen tras ser derribado no área contraria encarábase ao porteiro lucense e era amonestado con tarxeta vermella, debendo abandonar a cancha de xogo.

O Xove decidía entón ir a polo encontro e pese a xogar durante dous minutos en superioridade numérica non era quen de anotar un tanto, ata que no minuto 38, con porteiro xogador no campo, Alejandro García anotaba o terceiro tanto co que finalizaba o partido. Ao final, reparto de puntos na Gándara nun choque no que o equipo que dirixe Javier Albes non soubo rematar o encontro e deixou escapar dous valiosos puntos.

 

Recoñecemento da RFGF ao Alevín A

Ao finalizar o partido correspondente á Segunda Xornada do Subgrupo 1-B da Segunda División B do Fútbol Sala Nacional, o presidente do Comité Galego de Fútbol Sala da RFGF, Pablo Prieto, facía entrega ao club dun Diploma para o equipo Alevín A, por proclamarse campión da súa categoría na Liga Local durante a tempada pasada. Un diploma máis que merecido e polo que o Cidade de Narón quere volver felicitar aos xogadores que integraron ese equipo na pasada Liga 2019-2020.

 

DSC 0814

 

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Niceto, Guille, Iván, Diego V. e Brais. Tamén xogaron Buján, Iago Q., Rubén, Oli e Iago O.

Xove FS: Javi Fajardo, Cayón, Bruno, Chema e H. Gomes. Tamén xogaron Marcos, Bruno R., Alejandro García e Varela.

Goles: (1-0) min. 3, Iván; (2-0) min. 5, Rubén; (2-1) min. 10, Gomes; (3-1) min. 18, Iago O; (3-2) min. 29, Gomes; (3-3) min. 38, Alejandro García.

 

Árbitros: Roberto Amor e Mario Salinas. Amonestaron a Diego V. e a Rubén (expulsado no min. 32 con tarxeta vermella) polo Cidade; e a Marcos, Javi Fajardo e Bruno polo Xove.

 

Pabellón: Polideportivo Municipal da Gándara. A porta pechada.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg