O Cidade de Narón suma tres puntos tras vencer ao Sala Ourense na casa
 
gol bujan-Ourense
 
 O equipo naronés gañou por 3 tantos a cero con goles de Diego, Guille e Buján
 O próximo encontro será o vindeiro sábado contra o recentemente ascendido Estrada Futsal, no polideportivo da Gándara
 
Narón, 15 de novembro de 2020.- O pavillón polideportivo da Gándara foi escenario onte da primeira vitoria da tempada en casa do equipo que dirixe Javier Albes. Un partido disputado e moi traballado por parte do conxunto local que remataría cun tres a cero a favor do Cidade, froito dos tantos anotados por Diego, Guille e Buján.
 
Guille-Ourense
O encontro arrincaba con Alberto Niceto en porta, Guille, Diego, Brais e Buján. Un quinteto inicial moi traballador e intenso, que poñía en aprietos a portería defendida por Rubén desde os primeiros minutos de xogo. Esa intensidade da escuadra amarela provocaría que no minuto 8 Diego anotase o 1-0 tras unha xogada trenzada entre Alberto, Iago O. e Diego. Unha xogada que referendaba o bo xogo colectivo do equipo naronés e que servía para que o Cidade se sacase o peso dos resultados adversos dos últimos encontros e xogase con maior verticalidade e soltura.
A pesar diso, o Sala Ourense mantivo a tónica dos instantes iniciais cun xogo de catro, desprazamentos intensos e tentando gañar balóns ás costas. O Cidade continuou con defensa a media pista e sen pasar demasiados apuros. Pero se por algo se caracterizou a primeira parte do partido foi polas faltas, que chegaron a condicionar a defensa dos locais durante os últimos minutos de xogo.
Tras o descanso, o Cidade destacou polo traballo en equipo, polo esforzo ofensivo tras a recuperación de balóns e polas incorporacións ao ataque, todo iso aderezado coas boas accións de Alberto desde a portería. Accións que no minuto 24 propiciarían o segundo tanto do encontro, tras un saque en longo do meta local que propiciou gañar unhas costas e unha chegada de segundas
de Guille, que mete de primeiras o 2 a 0.
A partir dese momento, o equipo naronés xogou moi asentado sobre o parqué, sen pasar apuros e ante un Sala Ourense que vía como os seus ataques non daban os froitos esperados. Unha situación que provocaría que o cadro ourensán decidise recorrer á figura do porteiro-xogador a falta de dous minutos para o termo do encontro e que o Cidade non só defendeu á perfección, senón que lle serviu aos locais para anotar no minuto 39 o 3-0 final, obra de Buján
Tras finalizar o partido, o técnico local agradeceu o enorme esforzo realizado por todos os integrantes do plantel naronés “para sacar adiante un partido moi completo e co que o Cidade sácase a espiña de non gañar aínda esta tempada en casa”.
O Cidade de Narón volverá xogar no polideportivo da Gándara o vindeiro sábado 21, a partir das 19 horas, ante o recentemente ascendido Estrada Futsal.
 
Ficha técnica:
Cidade de Narón: Niceto, Guille, Diego, Brais e Buján. Tamén xogaron Iago Q., Rubén, Iago O. e Oli.
Sala Ourense: Rubén, Alli, Martinzinho, Edgar e Arturo. Tamén xogaron Raúl, Gus, Igor, Dani e Martín.
Goles: (1-0) min. 8, Diego; (2-0) min. 24, Guille; (3-0) min. 39, Buján.
 
Árbitros: Pablo Coello Martínez e José Luis Rey Hermida (C.T.A.F.S. Galicia). Amonestaron a Diego, no minuto 9; e a Brais, no minuto 18, polo Cidade; a Edgar, no minuto 32; a Arturo, no minuto 34; a Gustavo, no minuto 36; e ao delegado Marcos López, no minuto 35, polo Sala Ourense.
 
Pavillón: Polideportivo Municipal da Gándara. A porta pechada.
01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg