O Cidade de Narón cae ante A Estrada Futsal na Gándara
O encontro rematou cun marcador de 1-3, nun partido condicionado tras a expulsión, no minuto 33, de Buján
O vindeiro partido do Cidade terá lugar o vindeiro 5 de decembro, ante o Ventorrillo, no Polideportivo da Gándara
Narón, 21 de novembro de 2020.- O Cidade de Narón caeu derrotado esta tarde no polideportivo da Gándara no encontro que o enfrontou ao equipo pontevedrés de A Estrada Futsal. O marcador final de un tanto a tres a favor dos visitantes deixou un mal sabor de boca nos locais, logo do bo encontro que viñan de xogar hai unha semana ante o Ourense.
O certo é que o equipo da Estrada entraba con máis intensidade no partido provocando dúas boas ocasións na meta de Nice. Sen embargo, a partir do minuto 5 se igualaba a contenda logo de que o Cidade decidise levar o peso do partido. Tanto foi así que no minuto 15 chegaba o gol da escuadra amarela . Un tanto dunha fermosa factura obra de Iago Q, nun tiro axustado ao pao. Antes de rematar o primeiro tempo, o Cidade sumaría a súa quinta falta, o que condicionou en boa medida o seu xogo ata o chegar ao descanso.
Na segunda parte, o equipo que dirixe Javier Albes seguiu levando o peso do partido con varios disparos exteriores, mentres que A Estrada se seguía defendendo ben en media cancha. O tanto dos pontevedreses chegaría froito dunha falta centrada que Moro conseguiu converter nun tiro directo.
Co empate no marcador, o xogo entrou nun momento de calma, cos dous equipos intentando non cometer erros. Pero nunha xogada polémica, logo dunha disputa entre Manuti e Buján, este resulta expulsado e deixa á Estrada cun catro para tres que Jorge finalizou desde unha esquina poñendo o 1-2 no luminoso da Gándara. A partir dese momento, o partido perdeu a orde cun Cidade envorcado no ataque pero sen conseguir anotar.
O terceiro tanto dos de A Estrada sairía das botas de Pablo, logo dun roubo na área do Cidade que Nice non conseguiu atallar. Os últimos minutos de partido o equipo local tentaría a remontada cun cinco para catro que non deu os resultados esperados.
O Cidade de Narón volverá xogar no polideportivo da Gándara o vindeiro sábado 5 de decembro, a partir das 19 horas, ante o Ventorrillo.
Ficha técnica:
Cidade de Narón: Niceto, Guille, Diego, Brais e Buján. Tamén xogaron Iago Q, Rubén, Iago O., Oli e Iván.
A Estrada Futsal: Iago Balsa, Moro, Jorge, Pablo e Petetes. Tamén xogaron Juan, Kiko, Perico, Gonzalo, Kinso e Manuti.
Goles: (1-0) min 15,Iago Q.; (1-1) min. 26, Moro; (1-2) min. 33, Jorge; (1-3) min. 38, Pablo.
Árbitros: Pablo Coello Martínez e José Luis Rey Hermida (C.T.A.F.S. Galicia). Amonestaron a Iago Q., no minuto 16; a Nice, no minuto 26; a Brais, no minuto 32; e a Buján con tarxeta vermella, no minuto 33; a Gonzalo, no minuto 7; e a Manuti, no minuto 33, polo Estrada Futsal.
Pavillón: Polideportivo Municipal da Gándara. A porta pechada.