Foto Burela Final-2017

Os xogadores alevines Mekibib Calvo e David López foron galardonados como máximo goleador e mellor xogador respectivamente nesta edición 2017

O Cidade vólvese de Burela coa mochila cargada de experiencias inesquecibles e revalidando o título de campión na categoría Alevín

A formación Benxamín sucumbía na final ante o VFS Valladolid-Tierno Galván, mentres que os equipos Infantil e Cadete eran eliminados en rondas previas.

Narón, 7 de xullo de 2017.- Coa mochila cargada de experiencia inesquecibles. Así regresaba a expedición do Cidade de Narón que participou o pasado fin de semana no Memorial Heroes do Orzán 2017 “Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez”. Os xogadores das categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete, xunto coas súas monitores e coordinador da Base, gozaron de catro días inesquecibles na mariña lucense, na que supón a segunda participación da Escola de Fútbol Sala do Cidade neste torneo que organiza a Fundación Imdecum.

Pero de Burela, ademais dunha experiencia inesquecible tanto desde o punto de vista persoal como deportivo, os deportistas do Cidade regresaron con catro trofeos: o de campión da categoría Alevín, revalidando así o título da pasada edición; o de Mellor Xogador e Máximo goleador desta mesma categoría, que recaían en David López e Mekibib Calvo respectivamente, mentres que os Benxamíns alzábanse co galardón de segundo mellor clasificado tras caer na final contra o VFS Valladolid-Tierno Galván. As escuadras Infantil e Cadete non tiveron o mesmo acerto e despedíanse do torneo en rondas previas, aínda que continuaron gozando cos éxitos dos seus compañeiros de expedición.

Tanto a Xunta Directiva como o Coordinador da Escola queren agradecer tanto aos técnicos como aos xogadores desprazados a súa participación e comportamento exemplar ao longo do torneo e desexar que a experiencia resulte para todos enriquecedora. Un agradecemento que queren estender ás familias que os acompañaron nesta ocasión polo apoio demostrado.

 Salida hacia Vivero-2017 web

 

Catro equipos do Cidade participarán no Memorial “Heroes do Orzán” 2017 de Fútbol Sala Base

As formacións Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete partiron na tarde de hoxe mércores cara á mariña lucense coa intención de revalidar os bos resultados acadados na edición anterior.

Narón, 28 de xuño de 2017.- Catro equipos da Escola de Fútbol Sala do Cidade de Narón partiron esta tarde cara á mariña lucense para tomar parte no Memorial Heroes do Orzán 2017 “Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez”. Un evento que se desenvolverá do 28 de Xuño ao 2 de Xullo e ao que acudirán as formacións Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete co obxectivo, cando menos, de revalidar os bos éxitos acadados na edición anterior, onde as categorías Prebenxamín e Alevín conseguían alzarse co título de campións.

Así pois, preto de medio centenar de deportistas, entre xogadores e técnicos, partiron cara a Viveiro, onde ten o seu cuartel xeral a expedición naronesa e unha das catro sedes do torneo, xunto con Burela, San Cibrao, Xove e Foz. Pero non será ata o xoves ás 13:00 horas cando comece a participación do Cidade na presente edición, co choque entre o equipo Alevín do Cidade e a escuadra do EDC Celanova. A axenda da xornada completarana os Infantís ás 17:00 horas e os Benxamíns ás 18:00 horas, ambos no Municipal de San Cibrao, contra o VFS Valladolid. E pechando a xornada, os Cadetes enfrontaranse no Municipal de Viveiro ao CD Lagoa FS, partido que comezará ás 19:00 horas. O resto dos encontros pódese consultar na web www.cidadedenaron.eu.

Tanto a Xunta Directiva como os coordinadores da Escola de Fútbol Sala queren agradecer tanto a técnicos como a xogadores a súa participación nunha actividade coa que se poñerá punto e final ao calendario de competicións desta tempada e coa que se quere inculcar nos mozos deportistas valores como o da solidariedade, a cooperación ou o esforzo e a participación.

Sub-19 web

Último partido de liga

O “Cidade” celebrará o seu último encontro da competición regular ante o Prone de Lugo. Javi Albes convocou a todos os disponibles

Narón, 7 de abril de 2017.- O Cidade de Narón “pecha a persiana” da súa participación na liga regular da Segunda División, LNFS. Mañá sábado xogarase o último encontro previsto na competición ligueira. Visitará a pista da Gándara o Prone de Lugo, equipo que xa ten garantida a sua permanencia na categoría. Arbitrarán o partido os colexiados Ferrero Carballal e Montero Garrido e o enfrontamento empezará ás 18h.

O técnico do Cidade de Narón, Javi Albes, convocou a todos os xogadores dispoñibles. Soamente non están na citación os lesionados. Desta forma entran na lista Arrivi e Esparza como porteiros xunto con Chicho, Sergio Simón, Cokito, Juve, Malaguti, Iván, Mario e Guille Castro. Non entran na convocatoria por lesión Rober, Brais e Quique.


Quique-Tenerife web

Non puido ser

O Cidade de Narón di adeus á Segunda División LNFS logo de perder esa tarde no pavillón Pedro Delgado

Narón, 1 de abril de 2017.- Mal día para o noso club. A derrota en Segovia afiánzanos na última posición da clasificación xeral e polo tanto no posto de descenso directo de categoría. Queda un encontro de liga o vindeiro sábado 8 de abril na Gándara ante o Prone de Lugo onde nos despediremos da división de prata do fútbol sala español.

O partido de hoxe tivo pouca historia como reflicte o marcador. O Naturpellet Segovia xogábase a liga ante o Cidade e non perdeu a súa oportunidade. O resultado reflicte o dominio do equipo castelán sobre a pista do pavillón Pedro Delgado. O Cidade aguantou durante a primeira parte, que acabou con 2 a 0 a favor do equipo local pero o Segovia sentenciou nos primeiros minutos do segundo tempo. Segovia e Antequera xogaranse a praza de ascenso directo a primeira na última xornada de liga. O Segovia xogará co Rivas Futsal en Madrid e o Antequera.

En nome da directiva queremos agradecer o esforzo de todo o persoal, o corpo técnico e os colaboradores e apuntar que malia as adversidades estivemos a un paso da salvación. Grazas a todos e sobre todo á nosa afección que sempre estivo co equipo nun ano complicado.

Ficha técnica:

Naturpellet Segovia FS: Cidao, Carlos Múñoz, Edu, Alvarito, Buitre. Tamén xogaron Iván Quintín, Borja Blanco, Álvaro López, Chus, Álex Fuentes, Juanfran.

Cidade de Narón: Arrivi, Iván, Juve, Chicho, Malaguti. Tamén xogaron Sergio Simón, Cokito, Guille.

Goles: 1-0, min 5: Alvarito; 2-0, min 10: Carlos Múñoz; 3-0, min 23: Borja Blanco; 4-0, min 23: Buitre; 5-0, min 27: Álex Fuentes; 6-0, min 29: Álvaro López; 7-0, min 31: Juanfran; 7-1, min 36: Cokito; 8-1, min 38: Edu; 9-1, min 40: Juanfran.

Árbitros: Faubell Zaldívar e Navarro Rodríguez. Mostraron cartulina amarela a Buitre e Alvarito do Naturpellet Segovia e a Guille, Sergio Simón e Juve do Cidade de Narón.

Pavillón: Pedro Delgado, boa entrada.

Segunda 2016-2017 sin texto web

Todo é posible

O Cidade necesita gañar os dous partidos que lle quedan (Segovia e Prone) e esperar que o Prone perda ante o Atlético Mengíbar. Albes recupera a Sergio Simón e Arrivi pero perde a Brais, con respecto á última xornada

Narón, 31 de marzo de 2017.- Chegou a recta final da competición na Segunda División LNFS. O Cidade viaxa ao pavillón Pedro Delgado de Segovia coa intención de que se produza o milagre. Necesitamos gañar os dous partidos que restan para acabar a liga regular e ademais o Prone ten que perder este sábado ante o Atlético Mengíbar no pavillón de Lugo. O partido do Cidade de Narón está previsto para mañá sábado a partir das 17.30h, retransmitido en directo por lnfsdirecto.com. Arbitrarán o partido os colexiados Faubell Zaldívar e Navarro Rodríguez.

O técnico do Cidade de Narón Javi Albes recupera para esta partido ao porteiro Arrivi logo de dous encontros de sanción. Ademais tamén está citado Sergio Simón pero cáese da convocatoria Brais por problemas físicos. Desta forma viaxarán a Segovia Arrivi, Chicho, Sergio Simón,*Cokito, Juve, Esparza, Malaguti, Iván, Mario e Guille. Son baixa Brais, Róber e Quique por lesión.

O Naturpellet Segovia loita polo campionato de liga xunto co FC Barcelona “B” Lassa. O equipo castelán ocupa a segunda posición da clasificación xeral con 52 puntos, catro menos que o líder. O Barcelona B xogará co Real Betis en busca da consolidación da primeira praza. Ademais Segovia tamén compite polo ascenso directo co UMA Antequera, xa que os filiais FC Barcelona “B” Lassa e O Pozo Cidade de Murcia non poden ascender.

Axenda fin de semana:

Div Honra Xuvenil | Pav de Coruxo, dom, 12.30h | IES Coruxo FS-Cidade de Narón

Liga Galega Cadete | Pav A Gándara, dom, 12.30h | Cidade de Narón-Leis de Pontevedra

Liga Galega Infantil | Pab A Gándara, dom, 11h | Cidade de Narón-Leis de Pontevedra

Alevin A | Camp Provincial | Pav A Gándara, Sab, 17.45h | Cidade de Narón A-Primeiro clasif de Santiago

Alevin A | Liga | Pav Campo da Serra, dom, 16.50h | Cidade de Narón A- Comarcal a Fervenza FSF

Benxamin B | Pav Ensanche, dom 19.20h | O Parrulo*FS “B”-Cidade de Narón B

Prebenxamin | Pav Ensanche, dom, 18.30h | O Parrulo FS “A”-Cidade de Narón

Biberón | Pav Santa Mariña, Ven, 17h | ADCR Santa Mariña-Cidade de Narón

Descansan os equipos de Alevin B e Benxamin A.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg05_logo_abanca.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg10_logo_clinica_brage.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg24_O.Ponto_marquesina.jpg25_Cardifer_marquesina.jpg28_Salmantina_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg32_Pardavila_marquesina.jpg