Cidade-Benavente web

O Cidade de Narón colleita a súa primeira derrota da tempada

O Atlético Benavente soubo aproveitar mellor as súas oportunidades e levouse o partido por un 0-4.

Narón, a 29 de setembro de 2018.- Partido moi intenso o vivido esta tarde no Pavillón da Gándara onde os visitantes souberon aproveitar os erros do Cidade para irse cun 0-3 no marcador. Durante todo o primeiro tempo o Benavente defendeu de forma moi intensa onde a posesión era cousa do equipo de Albes.

O primeiro gol vén tras unha condución de Sergio Simón que cede a Anxo ao segundo pau; o segundo ten lugar tras unha perda dun xogador do Cidade de Narón no primeiro cuarto que é aproveitada por Charly.

Tras este dous cero, o partido aséntase traballando ambos equipos en presión. É aquí cando o Cidade encaixa o 0-3 onde Sergio Simón sérvelle un pase a Malaguti que finaliza de primeiras tras un erro na presión.

A segunda parte iníciase con dúas claras ocasións para a entidade naronesa que non conseguen culminar con éxito. A partir de aquí os locais contaron con numerosas opcións de achegarse no marcador pero entre o porteiro visitante e os continuos encontronazos co pau non conseguiron sumar no marcador. A falta de sete minutos, Albes decidiu empregar o porteiro-xogador. Un minuto despois Diego non consegue agarrar un balón por alto introducíndoo na súa propia portería ocasionando o 0-4. De aí ao final do encontro os locais dispuxeron de dúas ocasións claras pero que non se materializaron. Malia todos os esforzos por reducir distancias cos de Benavente, o Cidade de Narón non logrou evitar o claro triunfo dos visitantes.

Ficha técnica:

Cidade de *Narón: Alberto, Iván, Diego, Brais, Buján. Tamén xogaron: Rubén, Iago, Guille, Bertito e Mario.

Benavente FS: Maño, Angelito, Cala, Simón, Sergio. Tamén xogaron: Joselu, Mala, Charly, Yayo, Escu e Samu.

Goles: 0-1, min.3: Angelito; 0-2, min. 7: Charly; 0-3, min.13: Mala; 0-4, min. 33: Maño.

Árbitros: Pablo Enrique Guntín e Enrique Nóvoa. Amonestaron a Guille, Iván, Brais e Rubén do Cidade de Narón e a Samu e Joselu do Atlético Benavente FS.

Pavillón: Complexo Deportivo Municipal de A Gándara.

Pabelln web

O Cidade de Narón enfróntase ao Atlético Benavente FS na terceira xornada de liga

O encontro será ás 17:00 horas do sábado e estrearase o novo pintado e vernizado do Pavillón da Gándara.

Narón, a 28 de setembro de 2018.- Tralas dúas primeiras xornadas de liga onde o club naronés conseguiu superar aos seus dous respectivos rivais, chega á Gándara un dos máximos candidatos ao título de liga. Si xa o ano pasado o Benavente dispoñía dun gran plantel, este curso sumáronselle nomes como os de Sergio Simón e o exinternacional Charly. Tamén conta nas súas filas con Malaguti, que do mesmo xeito que Sergio Simón, teñen pasado no Cidade.

No referente ao equipo local cabo destacar a ausencia de Javier Arriví trala expulsión do pasado fin de semana ante o Albense FS, sendo sancionado con 1 partido de suspensión. O seu posto ocuparao o porteiro xuvenil Fernando Combarro. Ademais Albes recupera a Bertito para este partido, xa reposto dos problemas físicos que lle impediron ser da partida a pasada semana.

O técnico de Narón comentábanos antes do partido as súas impresións: “Buscaremos referendar o noso bo inicio de liga mantendo a intensidade durante todo o partido para chegar a un final igualado onde buscaremos as nosas opción”.

Ourense-Cidade web

O Cidade de Narón buscará a súa segunda vitoria de liga

Enfróntase este sábado ás 18:00 ao CD Albense FS no seu primeiro partido como locais, ainda que fora do seu Pavillón habitual

Narón, a 21 de setembro de 2018.- Trala primeira vitoria en Ourense, a entidade naronesa verase as caras ante un equipo que vén de perder no seu primeiro enfrontamento ligueiro fronte ao Pizarras Tres Cuñados que é un dos equipos que aspiran ao título.

Unha das grandes novidades do encontro é que se xogará no Pavillón da Xunqueira de Fene debido a que o habitual pavillón da Gándara atópase en plena fase de reformas.

O Cidade de Narón parte coa baixa de Bertito por lesión. O técnico Javier Albes comentaba que se espera un partido moi disputado e aberto onde buscarán non ceder puntos na casa.

Cidade-Santiago web

O Cidade de Narón inicia a sua andadura na liga regular

O encontro terá lugar no Pavillón dos Remedios de Ourense o domingo ás 12:00 horas.

Narón, a 15 de setembro de 2018.- A entidade naronesa comezará este domingo unha nova andadura na Segunda División B do Futbol Sala ante o Sala Ourense, club recentemente ascendido á categoría que conta cun persoal novo pero á súa vez con pinceladas de veteranía que poñerán en apretos a moitos equipos.

Antes do partido o técnico Javier Albes comentábanos: “Viaxamos todos os integrantes do persoal fóra diso Iván San Emeterio e Alberto Niceto que serán dúbida ata última hora por problemas físicos. Esperamos un partido moi aberto cun ritmo moi alto de xogo”.

Cidade-Santiago web

O Cidade de Narón cae ante o Santiago Futsal

  • O equipo naronés despregou un gran xogo ao longo de todo o encontro.
  • A expulsión de “Bertito” no ecuador da segunda metade condicionou as aspiracións do equipo naronés para levarse o partido.

Narón, 25 de agosto de 2018.- O primeiro encontro da tempada para os pupilos de Javier Albes saldouse cunha derrota por 2-3, unha derrota que sabe amarga para os locais dado o elevado número de ocasións xeradas. Malia as baixas que presentaban, os de Albes souberon sobrepoñerse e plantarlle cara a un dos equipos que aspiran a logar o ascenso nesta campaña.

O encontro tivo varias fases nas que o Santiago Futsal puxo en apietos ao Cidade de Narón especialmente nos primeiros compases do partido e estes souberon beneficiarse dos erros locais. Ao final, o marcador podería ser moi diferente si non fose pola gran actuación dos porteiros de ambos conxuntos.

Ao final do partido o técnico Javier Albes dábanos as súas impresións achega do encontro: “foi un partido moi disputado por ambos equipos con moita igualdade, onde conseguimos remontar o partido na primeira metade a base de traballo e xogadas á contra pero o Santiago tivo un maior acerto de face a portería. Cara ao final do partido intentamos buscar o empate a base de xogo con pivot e estratexia pero non conseguimos materializar as nosas ocasións”.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg