Alberto Albense web

O Cidade de Narón viaxa a Alba de Tormes para medirse ao Albense FS

Na primeira volta, os naroneses fixéronse coa vitoria por 4-3.

Narón, ao 18 de xaneiro de 2019. – Segundo partido pertencente á segunda volta da liga regular para o Cidade de Narón. Enfróntanse a un dos equipos máis goleadores da táboa que ten na súa pista un fortín do que tan só Pizarras Tres Cuñados e Boal FS conseguiron saír cos tres puntos no peto.

Albes terá á súa disposición a todos os seus xogadores fóra de Buján e Jaime que se seguen recuperando das súas molestias en xeonllo e nocello respectivamente.

O obxectivo para o conxunto amarelo non é outro que o de traerse os tres puntos para Narón que lles permitan distanciarse dos seus perseguidores e asentarse na terceira posición.

Brais celebracin web

O Cidade de Narón inicia con vitoria a segunda volta

Derrotou na tarde do sábado ao Sala Ourense por 2-1

Narón, ao 12 de xaneiro de 2019. – Partido moi disputado o vivido esta tarde na pista da Gándara entre dous rivais directos na loita polos postos altos da táboa.

No primeiros vinte minutos os locais conseguiron saír máis enchufados e apertaban ao equipo ourensán con numerosas xogadas dun para un e ataques apoiándose no pivot provocando varios corners e saques de banda próximos á portería de Rubén. O primeiro gol chegaría precisamente tras unha xogada ensaiada de saque de banda na que Brais consegue enganar aos contrarios cun gran simulacro e bate ao porteiro cun bo disparo.

Tras o gol, os naroneses subiron a presión, mentres que o Sala Ourense buscaba provocar perigo con balóns en longo desde o porteiro. Foi así como nos minutos finais da primeira parte, chegaba o gol do empate visitante tras un fallo no despexe da defensa do Cidade de Narón.

Na segunda metade seguiuse a mesma tónica do primeiros vinte minutos cun Sala Ourense menos replegado atrás subindo liñas contando con máis posesión que na primeira parte obrigando ao Cidade de Narón a aumentar o seu traballo defensivo.

O gol definitivo chegaría de novo nunha xogada de banda onde Iván bríndalle unha asistencia ao pé a Brais que unicamente ten que empuxala de primeiras.

De aquí ao final, os locais dedicáronse a manter o resultado algo que tratou de evitar o equipo da cidade termal con varias ocasións dentro da área e chegando a sacar porteiro – xogador no últimos tres minutos pero non conseguiron reverter a situación e os tres puntos quedaron en Narón.

A próxima semana o Cidade de Narón visita a pista do Albense FS onde buscarán repetir a vitoria que conseguiron na primeira volta por 4-3.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Alberto, Diego, Brais, Iago e Bertito. Tamén xogaron: Iván, Guille, David e Mario.

Sala Ourense: Rubén, Tizón, Dani, Araujo e Alli. Tamén xogaron: Igor, Martín, Óscar e Guede.

Goles: 1-0: Brais; 1-1: Tizón; 2-1: Brais.

Árbitros: Raquel Manteiga e Manuel Dans. Amoestaron a Guille para o Cidade de Narón e a Dani para o Sala Ourense. Expulsaron a Martin por dobre amarela para o Sala Ourense.

Pavillón: Pavillón Municipal da Gándara.

Bujn-Iago web

O Cidade arrinca a segunda volta da liga regular

Recibe a visita do Sala Ourense o sábado ás 18:00

Narón, ao 11 de xaneiro de 2019. – Volve o Fútbol sala a Narón tras as vacacións do Nadal. O club naronés, que tras unha gran primeira volta, ocupa a terceira posición na táboa, espera a visita dos ourensáns, situados xusto por detrás do conxunto dirixido por Javier Albes.

A escuadra naronesa ten ante si un partido clave para asentarse nesa terceira posición, pero non o terá nada fácil, pois o equipo da cidade termal mostrouse moi competitivo a domicilio durante a primeira fase da competición, conseguindo pelexar todos os partidos ata os minutos finais, ademais de ser un dos equipos menos goleados da clasificación, mostrando así un bloque sólido que mantén desde hai varias tempadas.

Antes do encontro, o técnico local comentaba: “Espero un partido moi loitado que case seguro decidirase nos minutos finais como xa pasou no partido de ida, onde conseguimos a vitoria final. Temos que tratar de facer da Gándara un fortín e tentar conseguir o maior número de puntos posibles na nosa pista nesta segunda volta”.

Iago Xove web

O Cidade de Narón pecha a primeira volta con vitoria fronte ao Xove FS

O conxunto de Javier Albes impúxose aos lucenses por un 3-1.

O gran protagonista da tarde foi Iván San Emeterio que anotou os tres goles locais

Narón, ao 22 de decembro 2018.– Partido moi disputado o que se viviu na tarde do sábado onde o Cidade de Narón volvía á senda da vitoria ante un rival directo como o Xove FS.

Nos primeiros dez minutos da primeira metade vimos un partido de ida e volta con moito respecto entre ambos os equipos e poucas ocasións de gol ata que cun tiro axustado desde fóra da área Iván San Emeterio rompía a igualdade no marcador. Poucos minutos máis tarde un erro local propiciaba unha contra a favor dos lucenses que poñían o empate no electrónico co que nos iriamos ao descanso.

Na segunda parte ambos os equipos saíron máis agresivos pero foi o conxunto naronés quen se adiantaba no marcador por mediación de Iván San Emeterio que poucos minutos máis tarde lograría tamén o 3-1.

O final do partido non estivo exento de polémica tras unha expulsión a Brais obrigando ao Cidade de Narón a defender con 4 xogadores pero saíron indemnes deste contratempo.

Faltando tres minutos o Xove tentaríao con porteiro–xogador chegando mesmo a ter un dobre–penalti, pero Niceto detívoo de forma maxistral.

Con esta vitoria o conxunto naronés márchase de vacacións do Nadal consolidado na terceira praza. O próximo encontro ligueiro fronte ao Sala Ourense abrirá a segunda volta da liga regular.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Niceto, Iván, Diego, Buján e Iago. Tamén xogaron: Brais, Bertito, Mario, David e Guille.

Xove FS: Pulido, Marcos, Manu, Juanpe e Nete. Tamén xogaron: Sergio Cora, Bruno de Nois, Pancho, Mini, Souka e Samuel.

Goles: 1-0, min. 17: Iván, 1-1, min. 18: Mini; 2-1, min. 22: Iván; 3-1, min. 35: Iván.

Árbitros: Eduardo Curral e Rubén Vieito.

Amoestaron a Buján e expulsaron por dobre amarela a Brais para o Cidade de Narón e a Marcos, Nete, Mini, Manu, Samuel, Souka e Bruno de Nois por parte do Xove FS.

Pavillón: Pavillón Municipal da Gándara.

Segunda-B 2018-2019 bis web

O Cidade de Narón disputa o último partido do 2018

O sábado ás 18:00 o equipo naronés pechará diante da súa afección a primeira volta da liga regular fronte o Xove FS

Narón, ao 21 de decembro de 2018.– Chegamos a datas do Nadal e as clasificacións vanse asentando e vanse postulando os equipos que pelexarán polos ascensos. O Cidade de Narón enfróntase o sábado ao Xove FS, equipo que se atopa a tres puntos dos locais na táboa e que realizou unha gran primeira volta de campaña. A escuadra lucense é un persoal cun gran perigo para porta ademais de contar con varios xogadores moi técnicos e cunha gran capacidade no 1x1.

Albes non poderá contar para este encontro con Rubén e Jaime que carrexan problemas musculares. Ademais Guille será dúbida ata última hora debido a unha contusión no pé dereito.

O técnico de Narón comentaba antes do partido: “Partido moi complicado o que temos por diante que temos que gañar para manter a terceira posición e irnos ás vacacións con grandes sensacións para empezar o 2019 con forzas renovadas”.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg