O partido ante o Ribeira FS tivo lugar ante medio cento de espectadores

O Cidade de Narón cae derrotado en Lugo fronte ao líder provisional do grupo

 

 

  • -O equipo naronés acusou as ausencias do lesionado Iván e de Rubén, sancionado cun encontro
  • -Os de Javier Albes enfrontaranse a semana que vén, na Gándara, ao Sala Ourense

 

 DSC 0185 1

Narón, 08 de noviembre de 2020.- O Cidade de Narón caeu derrotado esta mañá en Lugo ante o Ribeira de Piquín FS, líder provisional da táboa, no encontro correspondente á terceira xornada do subgrupo 1B da Segunda División B do Fútbol Sala Nacional. E facíao tras encaixar catro goles. Un marcador que non fai xustiza ao visto na pista do Municipal de Lugo, onde a igualdade entre os dous equipos foi a tónica dominante en boa parte da contenda.

O partido arrincaba ás 12:30 horas cun Cidade de Narón que se desprazaba á Cidade das Murallas con dúas ausencias destacadas entre as súas filas: Iván, lesionado a pasada fin de semana no seu nocello esquerdo; e Rubén sancionado cun encontro tras a súa expulsión fronte ao Xove. A pesar diso, os pupilos de Javi Albes saltaban á cancha dispostos a dominar o encontro. Plantados en media cancha, mentres o Ribeira xogaba cunha presión máis alta, os xogadores naroneses ían gañando metros ata que nun saque de banda próximo á portería defendida por Niceto, produciuse unha pegada exterior que tocou nun xogador naronés desviando o tiro a portería. Corría o minuto 7 e poñía o 1-0 no marcador.

O partido continuaría moi igualado cun equipo local que xeraba dúas ocasións á contra, unha delas dun contra o porteiro, que Niceto resolveu de maneira brillante. Entre tanto, o Cidade decidía xogar con ataques máis directos ante un Ribeira que se foi cargando de faltas e que permitiron ao Cidade dispoñer de ata dúas ocasións para igualar o marcador a través de dous dobres penalties que, con todo, Buján non foi quen de converter.

DSC 0286 1

A última oportunidade para o Cidade antes do descanso sairía das botas de Brais, hoxe reconvertido en pivot, nun tiro raso que desbaratou coa perna o porteiro local.

A segunda parte do encontro arrincaba da mesma maneira que a primeira: dous equipos moi igualados, con máis posesión de balón para o Ribeira ao comezo e segundo ía avanzando o partido, sería o Cidade o que se iría facendo coa bola edominaba o encontro.

DSC 0267 1

O partido rompería tras unha xogada con balón en longo ao que saíu Niceto e que desviaría Iago, con tan mala fortuna que caía nos pés de Javi Regueiro que, tras controlar, goleaba a porta baleira.

Co 2-0 no marcador, Albes decidiu solicitar un tempo morto para tentar traballar con cinco para catro e ir a polo partido. Con todo, nun cambio de porteiro o

Ribeira sacou rápido e marcou o 3-0. O últimos tres minutos do encontro foron de claro dominio do conxunto naronés que xeraba ocasións claras ante un Illy moi acertado. O último tanto dos locais sería obra de Pablo nun balón en longo que cabeceou para anotar o 4-0 final do marcador.

Ao finalizar o encontro, o adestrador naronés recoñecía como “xusta” a vitoria do Ribeira aínda que lamentaba que “nos vaiamos cun marcador excesivamente avultado para a igualdade que se viu ao longo dos corenta minutos de xogo”.

A próxima xornada o Cidade de Narón medirase en casa ante o Sala Ourense, nun partido que se celebrará o sábado 14, a partir das 19 horas, no Polideportivo da Gándara.

 

 Ficha técnica:

 

 Ribeira del Piquín FS:Carlos, Pablo Villar, Pablo Díaz, Diego Lobeiras e Daniel Quintela. Tamén xogaron Fran Alvarez, David Quintela, Fran Montero, Javi Regueiro e Ignacio González .

 

Cidade de Narón: Niceto, Guille, Diego V., Iago O. e Brais. Tamén xogaron Buján, Iago Q. e Oli.

 

 Goles: (1-0) min. 7, Fran Alvarez; (2-0) min. 32, Javi Regueiro; (3-0) min. 37, Fran Alvarez; (4-0) min. 38, Pablo Díaz.

 

Árbitros: Daniel Eduardo Muñoz García e Andrés Felipe Vanegas Betancur (C.T.A.F.S. Principado de Asturias). Amonestaron a Pablo D. Villar, no minuto 33 polo Ribeira; e a Iago Q., no minuto 9 polo Cidade.

 

Pavillón: Polideportivo Municipal de Lugo. Ante medio cento de espectadores.

O Cidade de Narón suma un punto no seu arranque ligueiro fronte ao Xove

 

 

 DSC 0315 1

 

  • Os naroneses arrastraron a lesión de Iván, na primeira parte do encontro, e a expulsión de Rubén no transcurso da segunda
  • Iván, Rubén e Iago O. foron os encargados de anotar os tantos da xornada
  • A RFGF aproveitou a cita de onte para recoñecer ao equipo Alevín A da pasada tempada 19-20, quen se proclamaba campión da liga local

 

 

Narón, 31 de outubro de 2020.- O Cidade de Narón estreouse onte sábado na pista da Gándara ante o equipo lucense do Xove FS cun empate a tres tantos que soubo a pouco. O encontro, que se celebrou a porta pechada debido á extraordinaria situación que está vivindo a comarca estes días por causa da pandemia, tivo dúas fases completamente diferentes: unha primeira parte onde o Cidade dominou o xogo e alcanzou o descanso cun marcador de 3 tantos a 1; e unha segunda, onde o equipo naronés foise desdibuxando a medida que ían pasando os minutos e que acabou cun reparto de puntos. Os goles foron obra de Iván; Rubén e Iago O.

O Cidade saltaba á pista con Alberto Niceto na portería, Guille, Iván, Diego e Brais, que vestía o brazalete de capitán, no quinteto inicial. Pronto chegaron as primeiras oportunidades para os locais, que se plantaban con descaro ante a meta defendida por Javi Fajardo, ata que no minuto 5, Iván abría o marcador nunha xogada trenzada que o pivot amarelo convertía á perfección. Pese a que os lucenses intentaban frear as embestidas do equipo naronés, dous minutos máis tarde era Rubén o encargado de sumar un novo tanto ao marcador.

O Cidade poñíase por diante cunha cómoda vantaxe que podía ser maior senón fose polo acerto do guardameta do Xove, ata que no minuto 10 Gomes, nunha contra, poñía o 2-1 no marcador. O tanto anotado polo Xove e a lesión de Iván, que nunha xogada fortuita sufría unha forte escorzadura no

seu nocello esquerdo, obrigaron ao técnico local a reorganizar o xogo do conxunto naronés. Uns cambios que darían os seus froitos no minuto 18, no que Iago O. anotaba un novo tanto, o terceiro para os naroneses. Con ese marcador de 3 tantos a 1 chegábase ao descanso.

Na segunda parte, o Cidade non acabou de atoparse cómodo na cancha en ningún momento. A ausencia de Iván impedíalle gañar profundidade no xogo e as xogadas de ataque non chegaban a culminarse de xeito claro. Esta indefinición do club amarelo saldábase no minuto 28 cun ataque do Xove que supoñía o segundo gol dos lucenses, obra de novo de Gomes. Un varapalo para o Cidade que catro minutos máis tarde completábase coa expulsión de Rubén, quen tras ser derribado no área contraria encarábase ao porteiro lucense e era amonestado con tarxeta vermella, debendo abandonar a cancha de xogo.

O Xove decidía entón ir a polo encontro e pese a xogar durante dous minutos en superioridade numérica non era quen de anotar un tanto, ata que no minuto 38, con porteiro xogador no campo, Alejandro García anotaba o terceiro tanto co que finalizaba o partido. Ao final, reparto de puntos na Gándara nun choque no que o equipo que dirixe Javier Albes non soubo rematar o encontro e deixou escapar dous valiosos puntos.

 

Recoñecemento da RFGF ao Alevín A

Ao finalizar o partido correspondente á Segunda Xornada do Subgrupo 1-B da Segunda División B do Fútbol Sala Nacional, o presidente do Comité Galego de Fútbol Sala da RFGF, Pablo Prieto, facía entrega ao club dun Diploma para o equipo Alevín A, por proclamarse campión da súa categoría na Liga Local durante a tempada pasada. Un diploma máis que merecido e polo que o Cidade de Narón quere volver felicitar aos xogadores que integraron ese equipo na pasada Liga 2019-2020.

 

DSC 0814

 

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Niceto, Guille, Iván, Diego V. e Brais. Tamén xogaron Buján, Iago Q., Rubén, Oli e Iago O.

Xove FS: Javi Fajardo, Cayón, Bruno, Chema e H. Gomes. Tamén xogaron Marcos, Bruno R., Alejandro García e Varela.

Goles: (1-0) min. 3, Iván; (2-0) min. 5, Rubén; (2-1) min. 10, Gomes; (3-1) min. 18, Iago O; (3-2) min. 29, Gomes; (3-3) min. 38, Alejandro García.

 

Árbitros: Roberto Amor e Mario Salinas. Amonestaron a Diego V. e a Rubén (expulsado no min. 32 con tarxeta vermella) polo Cidade; e a Marcos, Javi Fajardo e Bruno polo Xove.

 

Pabellón: Polideportivo Municipal da Gándara. A porta pechada.

Iván, un ano máis co Cidade

 

 

 Ivn

 

 

Iván San Emeterio García continuará unha campaña máis vestindo as cores do Cidade de Narón. Iván completará o seu sexto ano na entidade naronesa tras dar o salto ao primeiro equipo na tempada 16-17 procedente do Xuvenil.

 

O pívot naronés converteuse nunha peza indispensable no sistema de xogo implantado por Javier Albes e co que o Cidade agarda volver situarse nos postos altos da táboa.

 

Moita sorte Iván!

O Cidade renova a súa confianza en Jaime

 

 

 

Jaime 2

 

O xogador Jaime Díaz Millarengo acaba de asinar a súa renovación para a presente tempada co Club Cidade de Narón.

Procedente da canteira naronesa, Jaime é xa un fixo da escuadra que dirixe Javier Alves, á que a bo seguro volverá aportar o mellor de si un ano máis.

 

Sorte para esta tempada Jaime!

Alberto Niceto continua un ano máis no Cidade.

 

Alberto Niceto

 

O porteiro Alberto Niceto Niebla continuará unha tempada máis ligado ao Club Cidade de Narón. Con esta serán catro as campañas nas que o xogador ferrolano defenderá a elástica amarela tras aterrar na entidade naronesa na tempada 17-18.

Este ano, Alberto Niceto compartirá portería co recentemente incorporado ao primeiro equipo Fernando Combarro, que vén procedente do equipo Xuvenil. Veteranía e mocidade aliaranse esta tempada para intentar manter a portería do Cidade a cero.

 

Alberto desexámosche moita sorte para esta campaña!

 

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg