A canteira pide paso!

 

b0196853-5a1f-4d20-9108-33ad065b80ab

 

Os canteranos Diego Rei, Luis Sanesteban e Fernando Combarro incorpóranse á disciplina do equipo de Segunda División B, que prepara Javier Albes.

Integrantes na pasada tempada do equipo xuvenil, que logrou facerse coa primeira praza do Campionato Galego da categoría, estes tres xogadores da Escola de Fútbol Sala Cidade de NARÓN, dan agora o salto ao primeiro equipo coa intención de aportar a súa granito de area.

Enhoraboa Diego, Luís e Fer e a gozar desta oportunidade!

RENOVA "O CAPI"
 
Brais
 
RENOVA "O CAPI"
 
O capitán do CIDADE de NARÓN, Brais García Freire , continuará vestindo a elástica naronesa unha temporada máis.
Deste xeito, o estandarte do clube amarelo nas últimas tempadas  volverá a achegar a súa experiencia ao plantel que dirixe o técnico Javier Albes.
 
O ala naronés, que suma máis dunha década nas filas do Cidade, ten no seu haber os campionatos da Segunda División B nos anos  2012/13 e no 14/15, neste último co ascenso á División de Prata do fútbol sala nacional despois dunha trepidante final co Colo- Colo de Zaragoza.
 
Logo de dúas tempadas na Segunda División o "Capi" voltaría para liderar ao Cidade na Segunda B, onde permanece a entidade naronesa  dende entón ocupando os primeiros postos da táboa clasificatoria.
 
Benvido un ano máis Brais e moita sorte para esta nova tempada!nal despois dunha trepidante final co Colo- Colo de Zaragoza.
 
Logo de dúas tempadas na Segunda División o "Capi" voltaría para liderar ao Cidade na Segunda B, onde permanece a entidade naronesa  dende entón ocupando os primeiros postos da táboa clasificatoria.
 
Benvido un ano máis Brais e moita sorte para esta nova tempada!

A nova directiva da entidade deportiva mantivo una xuntanza coa Alcaldesa da cidade e trasladáronlle os seus proxectos cara ao futuro

Directiva 2020-2021

Narón, 06 de agosto de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no Concello, xunto co concelleiro de Deportes José Oreona, á nova directiva do Club Cidade de Narón de Fútbol Sala.

A nova directiva da entidade deportiva, está composta pola presidenta Almudena Fariña Gato, vicepresidente Avelino Cinza Novo, secretario José Vicente Seoane Rey, tesoureiro Javier Albes Testa, e vocal Roberto Ortega García.

Os representantes da entidade manifestaron o seu agradecemento ao apoio institucional do Concello nesta etapa e expresaron a súa intención de comezar a traballar xa co primeiro equipo a finais do presente mes de agosto. O traballo da tempada co resto de equipos irase preparando en función da situación sanitaria na que se vaia desenvolvendo a vida social e deportiva da comunidade como consecuencia dos efectos da Covid-19 e cómo vaia evolucionando a nivel da sociedade.

Ferreiro reafirmou o apoio do Concello nesta nova andaina ao Club Cidade de Narón e manifestou a súa satisfacción polo impulso que supón sempre o compromiso dunha serie de persoas dispostas a traballar polo tecido deportivo naronés posibilitando a práctica deportiva dunha gran parte da mocidade, promovendo a adquisición de hábitos saudables e valores solidarios de traballo en equipo. A alcaldesa e o concelleiro de Deportes desexáronlle moitos éxitos ao Club Cidade de Narón FutSal e ao novo equipo directivo da entidade.

Fonte: http://www.padroadodeportesnaron.com/web/cat/gal/noticias/get/440

 

Preinscripciones 20-21

 

A Escola de Fútbol Sala Cidade de Narón abre un período de preinscrición en todas as categorías, desde Biberóns ata Xuvenís.

Se tes entre 4 e 18 anos e apetéceche pasalo ben xogando ao futsal, este é o teu club !!!

Envia un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co teu nome e apelidos, ano de nacemento e un teléfono de contacto e poderás entrar a formar parte da gran familia do Cidade de Narón.

*PRAZAS LIMITADAS

Para máis información chama ao número de teléfono 639 88 68 29 (Cora Seoane)

 

Un saudo

Xunta Directiva.

 

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg