jaco-individualrober individual

 

 

 

Jacobo e Róber renovan


Os dous xogadores militarán no novo Cidade de Narón FS xunto con Christian. Tamén renovan David García e Luís Fariña do corpo técnico


A dirección deportiva composta polo vicepresidenteTomás Llao e Marcos Padín comezaron rólda de contactos cos xogadores para a renovación e confección do novo Cidade de Narón FS 2015-2016. Nas últimas horas logrouse a renovación de Jacobo Castelo Becerra, "Jaco" e do capitán Roberto Pérez Tojeiro, "Róber". Tamén se pechou un acordo con Christian Camilo Ayala González, "Ayalita". Ademais Tomás Llao e Marcos Padín tamén lograron a incorporación do xuvenil do Ánimas de Ferrol Iván San Emeterio, que realizará a pretemporada co primeiro equipo e estará ás ordes do técnico Javi Albes. Teñen contrato en vigor Sergio Buján Varela, "Buján", Javier Arrivi Loureiro, "Arrivi" e Manuel Gil Rei, "Lito".

A dirección deportiva tamén logrou un acordo de renovación co axudante e preparador físico David García Formoso e co novo delegado do equipo e preparador de porteiros Luís Fariña Acebes.

Continúan os contactos co resto do persoal para finiquitar e falar do futuro. 

Albes

Javi Albes regresa ao Cidade de Narón FS

O técnico de Valdoviño volve a "a súa casa" logo da experiencia en Lugo onde adestrou ao Prone e formou parte da estrutura técnica do equipo lugués. O seu compromiso é por un ano.


A Xunta Directiva do Cidade de Narón FS informa da incorporación de Javi Albes Testa como técnico do seu primeiro equipo para a próxima tempada. "Albes asumirá a responsabilidade do conxunto na Segunda División do Fútbol Sala Español", afirma o presidente Moncho Padín. "Era nosa primeira opción e tamén era de xustiza o noso ofrecimiento ao adestrador máis carismático que tivo e ten a entidade", destaca Padín. 


Javi Albes é unha auténtica institución no Cidade de Narón FS. Foi xogador do primeiro equipo durante tres tempadas e asumiu o cargo de adestrador durante cinco campañas. Este ano traballou no Prone de Lugo, primeiro como máximo responsable do equipo (división de honor) e posteriormente na estrutura de base.


Javi Albes Testa (Valdoviño, 1/5/1974) ten un currículum intenso e extenso relacionado co fútbol-sala. Xogador de O Parrulo Ferrol, Azkar Lugo, Barcel Euro Pobra Senior FS e Cidade de Narón FS. Durante o seu periodo como futbolista competiu en División de Honor con Azkar Lugo e Pobra e en división de prata con O Parrulo, Azkar Lugo e Pobra. Tamén vestiu a camiseta do Cidade de Narón FS en Primeira Nacional A (hoxe Segunda División B).

Como adestrador asumiu a responsabilidade do Cidade de Narón FS.


2009-10. Quedou de 5º Clasificado (Primeira Nacional A)
2010-11. Campión de Liga (Primeira Nacional A)
2011-12. Terceiro clasificado (Primeira Nacional A)
2012-13. Terceiro Clasificado (Segunda División B)
2013-14. Campión de Liga (Segunda División B)
2014-15. Azkar Lugo e estrutura de base do Prone.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg